Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Apostas

martes, 10 de septiembre de 2019
¡Fagan xogo! É coma se vivísemos nun gran casino onde calquera cousa das que nos rodean semellara ser matéria de aposta. Podemos apostar por calquer tema que se nos ocorra e nesas andamos. Evidentemente isto non é cousa de agora porque desde sempre nos gustou xogar co azar porque somos partícipes da casualidade e por aí imos Apostasindo.

Desde hai tempo o xogo das cartas con cartos polo medio era, e imaxino que segue a ser, frecuente. Tamén a xente xoga á Lotería polo Nadal porque é cousa tradicional, xogamos ás quinielas e máis recentemente á Primitiva, as que se chaman apostas do Estado, e tamén bastante xente vai as salas de Bingo e aos casinos, é frecuente ver como alguns meten moedas nas máquinas tragaperras nos bares o neses establecementos chamados eufemísticamente “salas recreativas”, que xa é dicir.

Todo isto trouxo verdadeiros quebradoiros de cabeza a moitas famílias que en brazos da ludopatía chegaron á ruína. Hoxe non é preciso desprazarse aos establecementos de apostas, arestora pódese xogar e apostar comodamente “on line” através do noso ordenador ou teléfono móbil e as grandes empresas do xogo viron aquí o filón dos seus suculentos negocios. Observade nos instantes previos a unha retransmisión deportiva por televisión e reparade na cantidade de anuncios que exhortan a apostar antes e durante o evento. De nada vale recomendar que se xogue responsablemente o que quer dicir, imaxino, pensemos ben que facer antes de actuar. Todo iso está moi ben pero non serve de nada ou de ben pouco.

A xente nova é a que máis uso fai do móbil e desde aí en calquera lugar e situación con só apretar un botón poden apostar ao que sexa. As empresas do xogo viron aí o seu particular “El Dorado” e desde as plataformas, televisivas sobre todo, animan a facer apostas. Están moitos millóns de euros en xogo e non fican dispostas a perder ración dese pastel do que a maioría dos xogadores levan sempre a peor parte. É evidente que algo habería que lexislar ao respecto.¿Que só poden apostar os maiores de 18 anos? Non é certo. ¿Que o xogo por internet está ao alcance de todos? Verdade.

As multinacionais das apostas encontraron nos clubs de fútbol un enorme escaparate e aí están os seus logotipos nas camisetas dos deportistas e invisten un montón de diñeiro na publicidade televisiva. O negócio vai vento en popa ata o punto de non reparar no soborno de futbolistas, e nesas andamos. Tamén poderíamos apostar coa politica de argumento. Polo camiño que imos, todo se andará.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES