Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A arte de escribir a man

viernes, 06 de septiembre de 2019
As mans foron a orixe da intelixencia, di o nobel de física Gilles de Gennes. Pero, ai! agora son apéndices onde non chega esa sensibilidade que toca acariñando. Nin a destreza sofisticada que permite a artesanía das palabras. As mans creadoras que constrúen o mundo e dominan a natureza, transfórmanse en muñóns de quen ignora que son ferramenta da intelixencia. E que se o home é capaz de pensar é porque ten mans para tocar a realidade.

Arte antiga que se está a perder é a escritura. A caligrafía unha obra de arte que se está a perder. Xa case ninguén escribe a man, nin sabe o que significa caligrafía, apenas ortografía, saberes que non soportan os teclados, pero fan asomar a intelixencia entre o índice e o polegar.

Ben fará a bendita escola, reduto de aprendizaxes imprescindibles, en manter a arte da escritura. Xa só escribimos a man unha nota, unha firma. E sen embargo é moi importante escribir a man nos primeiros anos: a escritura fomenta a coordinación do ollo coa man e as habilidades manuais. Poucos escriben a man. Só os máis maiores aínda escriben e esperan cartas manuscritas. O resto abrimos o buzón para ver as comunicacións do banco, e Deus non o queira, da DXT. O certo é que enquisas recentes mostran que os universitarios xamais usan a carta como medio de comunicación. Umberto Eco afirma que a metade dos nenos italianos (e galegos) teñen problemas para escribir a man.

Cando se escribe a man unha relación íntima, moi física, establécese entre a mente e o corpo. Entre a man que suxeita o bolígrafo, as pegadas negras sobre o papel blanco e o son leve que acariña os oídos: toda unha aposta pola beleza, un amor polas cousiñas pequenas. Escribimos con ritmo. O movemento ascendente dunha letra produce un trazo fino. O tempo forte é o que baixa. A boa escritura ensina orde, evita o caos. A escritura, a caligrafía é espello da alma e reflicte a propia personalidade. A intelixencia, as conexións neuronais reclaman o uso da man par a escribir, é dicir, para pensar. É o contrario dos dedos picapedreiros petando nas teclas, mirando os índices e non o que se escribe. Como dicía Tagore, o tonto mira o dedo que sinala a lúa. Cando un colle un bolígrafo para escribir, o papel fala e respira ao tempo que sementa pensamentos. Porque o tempo da escritura é así de lento: apropiado para pensar, axeitado para a inspiración. As musas, se é que ten necesarios seres existen, camiñan ao ritmo da man que escribe. Cadaquén ten a súa letra, o seu trazo, a súa beleza, a súa forma de ser cando escribe a man, cando vai desnudando pensamentos letra a letra. A escritura manuscrita é unha fotografía cifrada da personalidade. Hai algo decadente, perverso estúpido nunha civilización que ensina aceleradamente a non saber escribir. Coa man.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES