Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aroma dunha vida toda

viernes, 06 de septiembre de 2019
A dona Saleta Goi, viúva de Manuel María Fernández Teixeiro -In Memorian-.

Cal se fose, unha brama,
mesmamente, unha luzada,
lé-vao, en chama na alma,
na face, en doce calma.

Rebulda, coma unha verba
acotío, nos seus beizos,
séndo-lle, cal vezoa senda,
reverberando-lle, arrecendo.

E así, Saleta vai indo,
no seu cotiá camiñar,
estrelecendo algoritmo,
no seu docedume falar.

Ornando, cal rosa en vezo,
no seu ben, no cemiterio,
nun ronsel, que leva tersos
modais, da chaira en versos.

Dun amor, que non fenece,
se fornece, a cada día,
cal floresta. Cal verxel,
vagantío, das espiñas.

Que nen tivo, nen coñece,
seu amor, que no eviterno,
en sumo amor, se estremece,
en tan sumo, amor vero.

No que fica, i se engrandece,
cal se fose, un Roibén,
un naipelo que se arrola,
nunha tenrura que tén
fachos, de fulxente aurora.

A cadora, fito, fito,
sen salaios, nen reloucos,
a esgalla, no seu brizo,
do amor, cal él d'ouro.
no seu cerne. Sempre niño.

E así, vai indo, vai indo,
Saleta, no seu ruar,
na esperanza do infindo,
prá, volta-lo a apreixar.

Seu amor, de toda a vida,
compañeiro. Abeiro. Amigo,
dúas vidas, nunha fita,
prá percorre-lo camiño,
que se presta, coma un fito.

Que se entende, por enteiro,
aureado, estrelecendo,
en dous cernes, verdadeiros,
amosando, nos seus beizos.

Cal se fose, briza en brama.
Primaveira, que reloce,
canta e chora, coma a auga,
nun silente, cal reborde.

De ourivería nas letras,
verbas, que pensiladas,
fan-se berce, nas galegas
chairas, asemade nas lonxanas.

Pois, aló, en lontananza,
hai ronsel, que de Manuel
María fala, así coma da amada
que o leva, e nela amence,
mesmo coma unha alborada.

No anel, que vai cinguindo,
relocindo, un compromiso,
de vivi-lo, ata o infindo,
serlles, logo, un rechouchío.

Unha estrela, que aniña,
un amor, que non hai fío,
que nel esgace, pois brila,
en doce miolo, no niño.
na súa amada, que lle é vida.

Nunha forza, no cernello,
no que se forxa a vereda,
senda, de aluguerno peito,
da Santa Sacra Sabela.

Sacra Patroa de Outeiro,
on defica, soterrado
Manuel María, i en vezo,
recibe, honores de bardo.

Máis, da súa amada dona.
todo un mundo, élle dado,
nas brizas belas rosas,
que de Saleta, lle van falando.

Nun amor, tan vero e grande,
como sumo, se descolla,
nisas normas, que se placen,
en amosa-lo seu aroma,

Nos cantares a Galicia,
na súa chaira, galega,
A unha vida, que vivida,
ambrosía, é toda ela.

E asi, vai indo, vai indo,
Saleta, nos seus feitíos,
no amor, nela fulxindo,
coma rosa, no seu brizo.

Amor que, cadora non morre,
acodendo, nela presto,
nos beizos, no seu nome,
nos seus feitos, nela afeito,
nunha lembranza, que reloce.

Porque, en Saleta, Manuel vive,
revivindo, cabaleiro,
nasúa mesura, súavide,
que o lembra, o mundo enteiro.

Sellas verbas. Senllos portes
de Saleta, i asi Manuel,
descolladas, no horizonte,
reverberan, i falan del.

Tal cal, fala a súa dona,
na mirada, en tenrura,
súa fala, cal aroma,
na súa persoa, en feituras,
coma unha luzada aurora.

E asi vai indo, vai indo,
cal se fose, un Roibén,
manantial, que co zunido,
ergue nos azos, i é.

Picuíñas dos paxaros,
que bolboretas, abrollan,
cando, sermos ser lembrados,
nise amor, que se descolla,
coma Saleta, no seu amado,
no aroma da vida toda.
Arias Saavedra, Ana
Arias Saavedra, Ana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES