Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As compañías arrastran

jueves, 05 de septiembre de 2019
O ambiente pesa moito na vida das persoas; sobre todo na vida das persoas que aínda non teñen a madurez suficiente para saber discriminar entre o que convén e o que non convén.

As persoas que nos rodean configuran en certa medida a nosa personalidade.

Desde ben pequenos necesitamos ter amigos.
Empezamos, principalmente, cando nos incorporamos á escola porque é alí onde nos encontramos por primeira vez con persoas da nosa idade, persoas que teñen máis ou menos os mesmos intereses que nós.

Pouco a pouco imos sentindo máis empatía cunhas persoas que con outras.
Cada persoa busca acompañarse de persoas coas que comparte a súa maneira de pensar e de actuar.

Conforme imos medrando, as amistades vanse seleccionando.
Cando as amistades son duradeiras e verdadeiras, o seu peso é incalculable.

Sexan como sexan, as amistades exercen moita influencia nas nosas vidas; sobre todo na infancia e na adolescencia.
A adolescencia é esa etapa na que unha criatura pode coller un camiño ou outro, según as compañías que teña.

A veces, as amistades arrastran positivamente e outras negativamente.
Por eso na adolescencia, a familia ha de vixiar dun modo moi especial.
Porque xa din alí:
“Dime con quien andas y te diré quien eres”
Se un adolescente se acompaña de boas compañáis xa ten moitas posibilidades de ir polo bo camiño.
Se acompaña de outras de conducta desviada… cabe a posibilidade de que caia na tentación…
Caer na tentación é moi doado.

Non é que os adolescentes sexan malas persoas, non.
O que pasa é que hai “adultos sen escrúpulos” que se dedican a facer negocio á conta desta rapacería e non lles importa nada botala a perder.
Persoas con maldade, hainas; pero tamén abundan persoas maravillosas cargadas de bondade, xenerosidade, altruismo…persoas excelentes.

Dese tipo de persoas depende a boa marcha da vida de cada día.
Cando temos a oportunidade de rodearnos de persoas destas características, é como se nos tocara a lotería.
AS AMISTADES SON A FAMILIA QUE NÓS ELIXIMOS.
DEBEMOS CULTIVALAS SE QUEREMOS CONSERVALAS.

As amistades verdadeiras son duradeiras.
Hai amistades que duran toda a vida.
UNHA BOA AMISTADE É UN TESOURO.

Somos moi afortunadas as persoas que temos amistades.
Temos moito que agradecerlles.
Mostrarlles o noso agradecemento é un deber.

“AGRADECEMENTO ÁS AMISTADES”
Este será o titulo do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES