Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tentacións non faltan

jueves, 29 de agosto de 2019
Cada día dende pola mañá ata a noite, temos moitas ocasións de caer na tentación; tanto a infancia, como a xuventude, como os adultos e tamén hai tentacións na senectude.

¿Quen non tivo algunha vez a tentación de quedarse un pouco máis na cama aínda que fora hora de erguerse?

¿Cantas veces ten unha criatura a tentación de rexeitar o alimento que non lle gusta?

¿Non temos pensado nalgunha ocasión en abandoar algo que nos resulta moi difícil?

¿Non sentimos algunha vez a tentación de probar o prohibido?
¿…..?

Tentacións non faltan a ninguén.
Para non caer nelas hai que ir con moito tino e aínda así:
“O QUE ESTEA LIBRE DE PECADO QUE TIRE A PRIMEIRA PEDRA”

Nunca se pode dicir:
“DESTA AUGA NON BEBEREI”
Todos caemos algunha vez.

Caer é moi doado.
O importante é erguerse, correxirse, rectificar, aprender dos erros.
A veces somos capaces de “saír do bache” coas nosas propias forzas.
Outras necesitamos axuda.
Normalmente precisamos máis axuda da que nos imaxinamos.
Sempre é benvida a axuda; pero nalgúns momentos é imprescindible:

-UNHA CRIATURA NON TEN A MADUREZ NECESARIA PARA CORREXIRSE POR SI MESMA, por eso é moi importante que a familia, a escola, a Igrexa, as amistades, a sociedade…estean dispostas a axudala.

Moitas veces unha criatura pide o que non se lle pode dar.
É deber dos adultos poñer límites.

-A ADOLESCENCIA é unha etapa de moitos cambios que precisan a axuda de proxenitores, educadores, psicólogos, sacerdotes…
Toda a axuda é necesaria.

En tempos pasados os sacerdotes puxeron remedio a moitos males.
A toma de conciencia ante o pecado, evitou moitos problemas.
Hoxe en día tamén estarían dispostos pero son rexeitados ou ignorados en moitas ocasións.
Perdeuse en certa medida a conciencia do pecado.

Que non teñamos conciencia do pecado, non significa que non exista.
Porque:
“NON TODO O MONTE É OUREGO”

Afortunadamnte, as persoas que queren recibir axuda espiritual, contan con ela.
Os sacerdotes están aí para eso.
É unha sorte para quen queira aproveitar a oportunidade.

-NA XUVENTUDE PASA MÁIS DO MESMO porque o mundo ofrece moitos camiños que non todos son aconsellables.

¡Cantos xoves se perden pensando que van comer o mundo!
Cando se dan conta é o mundo o que os come a eles.

-OS ADULTOS TAMÉN CAEMOS NA TENTACIÓN en máis dunha ocasión: tabaco, alcol, alimentación, infidelidades, consumismo, materialismo e outros excesos.
Temos moitas reponsabilidades abandoadas; desafortunadamente.
Moi abandoadas…

Se viviramos conforme ós valores cristianos, levaríamos unha vida mellor e máis feliz.

Lástima que en ocasións nos deixemos levar polas tentacións que nos presentan: o demo, o mundo e a carne pensando dar satisfacción ás nosas ansias de liberdade.
Pero en vez de conseguir esa liberdade ansiada… pasámonos á libertinaxe porque caemos na tentación.

-E A SENECTUDE, TAMPOUCO SE SALVA: moitas veces quere controlar a vida dos novos sen decatarse que os tempos cambiaron.
Hai persoas que pensan que loitaron moito e que teñen dereito a que os descendentes lles rendan “culto”.
Non se decatan de que en tódalas épocas hai que loitar.
Na actualidade non menos porque os adiantos e comodidades hai que pagalos con esforzo, dedicación e traballo duro.

Se duro é o traballo físico, máis aínda é o intelectual.
Cada persoa de ben trata de aproveitar ó máximo os seus talentos.
A SENECTUDE TEN QUE APRENDER A “DEIXAR FACER”, “A RESPECTAR”

Sempre houbo moitas tentacións nas que caer, pero hoxe en día hai máis que nunca.

¡Que o Espírito Santo ilumine as nosas vidas para evitar caídas; e -se caemos- que nos dea forzas para levantarnos!

¡E que nunca nos falten persoas santas ó noso corón que nos axuden a camiñar como é debido!

¡E que nos deixemos axudar por boas persoas!
Porque...
“AS COMPAÑÍAS ARRASTRAN”

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesa ocasión.
¡Sexa feliz!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES