Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non baixar a garda

jueves, 22 de agosto de 2019
As estadísticas din que España é un país seguro se o comparamos con outros…
Pero:
Tamén din as estadísticas que aumentaron moitísimo os roubos con violencia, sobre todo nas grandes ciudades.

Para evitar na medida do posible estes feitos, as autoridades amplian os membros dos corpos de seguridade.
Eso pode mellorar algo a situación; pero é a todas luces insuficiente.
Mentres que haxa vagos e maleantes, haberá quen queira vivir á conta dos outros.

¿Cómo poñer remedio a esta situación?
Non debe de ser nada doado.
Sei de familias que lles entraron a roubar dúas veces en quince días.
E non foron os mesmos.
Se ve que hai moitos grupos que “se dedican a estes labores”

¿Farano por vicio ou por necesidade?
Moito me parece que é polo primeiro motivo: vicio, maldade, falta de valores…

Se botaramos unha mirada retrospectiva á vida desta persoas seguramente pensaríamos:
“ESE TIPO DE PERSOAS FORON BEBÉS CHEOS DE INXENUIDADE E INOCENCIA COMO TODAS AS RESTANTES PERSOAS DE BEN”
¿Comofoi posible que seguirán o camino equivocado?
¿Non terían outras alternativas…?

Pois: se as tiveron, non as elixiron
E conforme foron medrando foron collendo ese rumbo.

¿Por que?
¿Viron eso na casa?
¿Estiveron descoidados da súa familia?
¿Maltratounos a sociedade?
¿En que escola aprenderon eso?
¿….?
-Pode que na casa non viran moi boas escolas.
-Pode que a súa familia estivera un tanto desestructurada.
-Pode que a sociedade non os arroupara o suficiente.
-Pode que abandoaran antes de tempo a escola.
-Pode que non foran á escola
-Pode que se sentiran mal…

Pero:
-Na vida tamén hai moi boas persoas.
-Tamén hai quen dea un bo consello.
-Tamén hai persoas que teñen a vida difícil e supéranse.
-Tamén hai persoas exemplares.
……
En fin:
Non tódalas criaturas teñen as mesmas oportunidades; pero sempre hai oportunidades para saír adiante de maneira honrada.
A veces non as aproveitamos porque esixen esforzo, tesón e sacrificio.
Toca á familia non descoidar as criaturiñas porque ó mínimo descuido, pódense perder.
E unha vez que collen o mal camiño, é moi difícil que “as augas volvan ós seus cauces”

Non podemos baixar a garda porque caer na tentación é moi doado.

Tal como está hoxe en día o mundo en xeral e a familia en particular, tódalas precaucións son poucas, porque tentacións non faltan.

“TENTACIÓNS NON FALTAN”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Grazas por ser como é: unha persoa de ben.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES