Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pensar nos outros

jueves, 08 de agosto de 2019
As persoas que nos rodean precisan de nós, do mesmo xeito que nós precisamos delas.

Unhas persoas son máis introvertidas que outras.
Unhas persoas non dubidan en pedir axuda, aínda que non teñan moita falta; outras pídena en caso de extrema necesidade.
Pero tanto unhas como outras; todas precisan atención.

Moitas veces encontrámonos con persoas que nadan na abundancia, que todo lles sae á perfección, que teñen unha vida chea…
Moitas desas persoas van ó seu.
Tamén as hai que “só miran ó seu embigo”, sen interesarlles nada o que ocorre ó seu carón.
Incluso pasa así con certos países “ricos” que ademáis de ignorar ós pobres, rexéitanos.
Claro: cando estás no cumio da montaña ves todo precioso.

De maneira ben diferente se ve desde abaixo de todo.
Pero…
Na vida dunha persoa igual que na vida dun país:
-Hai momentos de florecemento e momentos de crise.
-Hai momentos de boa saúde física, emocional ou económica e tamén momentos de fraqueza.
-Hai momentos pletóricos de felicidade e momentos moi baixos de moral.

É UN DEBER MORAL E SOCIAL PENSAR NAS PERSOAS OU NOS PAÍSES QUE SE ENCONTRAN NUNHA SITUACIÓN PEOR QUE A NOSA.
Lembrémonos das fábulas de SAMANIEGO.

Samaniego a través das súas fábulas dános moitas leccións de vida.

A veces pode ocorrernos que o noso egoísmo nos leve a pensar que os nosos problemas son os máis grandes do mundo sen decatarnos das necesidades dos que están ó noso carón.

Pasa incluso na vida de familia:
-¿Non se dan casos de esposos/as que se senten sós porque a outra parte está moi ocupada noutras cousas seguramente menos transcendentais para a a vida matrimonial?

¿Non se dan casos de separación por esta razón?
¿…?

-¿Cantas criaturiñas botan en falta que os seus proxenitores lles dediquen tempo para estar con elas, para xogar con elas?
Moitas.
Moitas que buscan “información deformada” fóra do fogar e despois pasa o que pasa.

-¿E que dicir dos anciáns?
Non é nada raro encontrarse con persoas anciás que botan en falta a compañía dos membros máis próximos da familia.
¡Canto darían porque os fillos e os netos lles dedicaran algún tempo con certa regularidade!

A parte da familia, tamén hai otras moitas persoas que precisan que pensemos nelas e lles dediquemos algún tempo.

-Os esposos necesitan atención mutua porque do mesmo xeito que se non regamos unha planta, ponse mustia e pode chegar a morrer; o amor tamén pode apagarse.
E se se apaga, aínda que se reavive, xa non é o mesmo.

-Os fillos tamén necesitan moito tempo, moitoasesoramento, e tamén moita vixiancia; porque os tempos que corren son bastante inseguros.

-E con relación á ancianidade: “FILLO ES, PAI SERÁS; SEGÚN O FAGAS, ASÍ O VERÁS”
Esto, téñollo oído a miña nai moitas veces.

As outras persoas necesítannos, do mesmo xeito que nós as necesitamos a elas.
Pero…
Se na vida de familia se dan casos así:
¿Qué podemos esperar a nivel social?

Na sociedade respírase moita desconfianza.
¿POR QUÉ TANTA DESCONFIANZA?

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas polo tempo que desinteresadamente deixa dedicado a quen precisou da súa atención.

E moitas grazas, tamén, por terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Sexa feliz!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES