Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 09 de agosto de 2019
A rotonda

Contemplo a rotonda desde a terraza da cafetaría e vexo como as sombras de algo están quietas, como as sombras de alguén se moven. Observo os coches que pasan e non hai un que circule correctamente pola rotonda. Un can espera ante un escaparate, Pingas de Orballosentado, e coa correa suxeita polo seu amo. Dúas pombas andan ás présas picando nas migallas das bicas que poñen cos cafés. Unha delas ata ten o valor suficiente para meterse dentro da propia cafetaría. Hai animais que non teñen vergonza! Un señor cruza un paso de peóns tan paseniño que non entende que o paso é para iso, para pasar e non para facerse dono del ou para eternizarse. Non pensamos nos demais. Nunca pensamos nos demais. Primeiro é a nosa comodidade. Despois, Deus dirá. Soben a persiana dun piso para que entre a luz. Ata agora estaba baixada para que non penetrase o sol. As persianas están para iso: para subir e baixalas, para tapar o sol (e as olladas ou vistas indiscretas) e para abrirlle camiño á luz. Na tele empeza o partido de pretemporada entre o Real Madrid e o Tottenham. Por certo, quince días para que empece o auténtico espectáculo: a Liga. Hai mono de fútbol. A rotonda non se moveu. Móvense os coches arredor dela. Móvense mal, claro. A sombra da estatua da familia avanzou un chisco. Porque o tempo pasa e todo cambia.

Todo ten o seu aquel

Pingas de OrballoErguín logo de me sentar. Abrín os ollos logo de telos pechos. Marchei para o cabo do mundo para volver ó punto de partida. Todo volve ó seu inicio. Todo o que entra, sae. Todo o que vai, vén. Todo o que sobe, baixa. A vida, ás veces, quere gardarnos sorpresas, pero tan só é algo que desexamos nós; porque todo está aí, todo está escrito. É o destino? Non sei, pero todo está aí. Sorpréndennos palabras ben escritas, pero é porque, ata agora, non as usamos ou non as soubemos usar. Alguén descobre a Carlos Núñez, cando xa hai unha millonada de anos que Carlos Núñez anda coa súa música ás costas. Deixo de pensar porque estaba pensando. Escribo porque quero contar, pero ó final hei de rematar. Porque todo ten un principio e todo ten un final. A vida ten o seu principio. A vida ten a súa fin. Menos aqueles que duramos eternamente. Erguín o sacho e deixeino caer. Porque ninguén é quen de deixalo suspendido no aire. Todo ten o seu aquel. Ata Chet Baker ás veces se acompaña de Stan Getz. Ou viceversa. Se acendo a luz para escribir, cando remate de facelo, teño que apagala. Cerrei os ollos logo de telos abertos. Con eles pechados, penso. Pero como xa pensei (porque os pensamentos ás veces son efémeros), volvo abrilos. E vexo un mundo que tivo o seu inicio e que terá tamén a súa fin. É lei de vida. Por moito que esta tivera o seu aquel.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES