Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 07 de agosto de 2019
Entre lerias podres

Por detrás de min pasou un coche. Facía ruído. Estou sentado na terraza dunha cafetaría e polos auriculares Elton John e Kiki Dee deixan escapar as súas voces co tema “Don´t Go Breaking My Heart”. Un plástico baila pola beirarrúa impulsado polo vento. Vento case inexistente, pero como o plástico non pesa... Máis xente sentada na terraza. Pingas de OrballoMáis coches pasando por detrás de min, e facendo ruído. Estou pegadiño case á propia rúa. Pasa o autobús, que fai aínda máis ruído. Doulle un sorbo ó café. Escoito agora a Elvis Presley co tema “Can´t Help Falling In Love”. O rei do rock cunha fermosa balada. Foi en tres tragos máis; o café. Unha señora le unha revista e un señor, noutra mesa, o xornal. Eu acabo de ler o segundo xornal de cada día. O vento é inexistente, pero as follas dunha árbore que está a cinco metros de min (medidos á ollo, por suposto) bambean un chisco. Ás follas pásalles coma ó plástico: como non pesan... Eu tampouco peso moito, pero, por sorte, o vento non me leva. Quixo levarme unha vez no Cabo Touriñán, pero vendo o que lle estaba a pasar a unha señora de peso moi pronunciado, este servidor xa nin intentou saír do coche. Que un non é parvo. Vedes, entre lerias podres, alá foi o Pingas, alá matei o tempo mentres tomaba o café e alá vai o domingo. Porque marcho para a casa. E xa na casa é coma se rematara o día.

Unha mañá no monte Medo

Pois si; o vento furga por entre os dedos da man dereita porque os da esquerda téñoos pechos. Ou sexa, teño a forza metida nun puño. A esta collina cando me acochei entre unhas xestas pensando que rondaba pola contorna un lobo de pelo gris e cairos Pingas de Orballoque metían medo. Naquel momento si fungaba o vento por entre os codesos. A mañá amosa tan só unha pequena nube no firmamento. Tres vacas no monte Medo. Un can de palleiro. E un burro mirando para o ceo. Cando intúo que o medo se pode excarcerar, abro o puño e deixo que o vento furgue xa por entre os dedos da man esquerda. Pouco a pouco saio do escondedoiro e deixo que o can de palleiro se achegue a min dándolle ó rabo de contento. Canto o quero! Ó lonxe, unha rula aniña entre unha silveira e unha vaca está á espreita de oír o zunido dun tabán. É esa vaca que, tan axiña como escoite ese son, erguerá o rabo e “abeirarᔠpor Sudalomba abaixo. Como nada sucede, as tres vacas seguen a pacer, o can de palleiro a xogar comigo e o burro esperando a oportunidade de largar para o muíño do Dositeo, onde máis seguro que obteña a recompensa coa presenza da burra do muiñeiro. Como o sol aperta xa, collo a vara de salgueiro e inicio unha pequena conversa cos animais para que empecen a moverse camiño de Baños de Molgas. Non llo ordeno dúas veces. A tendente a “abeirar” emprende o camiño antes de que un moscón lle amargue o día.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES