Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Totalmente roxo

martes, 15 de enero de 2008
Se falo de bermello, non é o mesmo. Os maiores que esto lean saben que acusar a alguén de “roxo”, en tempos, era moito peor que se o color era “bermello”. Bermello, non pasaba nada. Roxo, perigo certo.

Un veciño de Petín, de setenta e cinco anos, viste de roxo, ten a casa pintada de roxo, foi denunciado por quitar baldosas de diante da súa casa e pintalas de roxo, e pretendía que as novas baldosas da beirarrúa fosen tamen de cor roxo. Digamos que esto xa aclara bastante a situación. Ó mellor pretende desquitarse do moito tempo no que o roxo estivo proscrito.

Como un empregado municipal non deu controlada a situación de enroxecemento da beirarrúa, chamou á garda civil. O mencionado veciño botou pintura -de cor roxa, claro está- ó coche oficial da garda civil, manchou os seus uniformes, insultou e ameazou ós axentes.

Foi detido e acusado de atentado contra a autoridade.

O lóxico, sería facerlle un exame médico e razoar cal é o seu estado. Acusalo de atentado á autoridade, é o mesmo que acusalo de “roxo” por dominar esta cor sobre os seus gustos. Pero hoxe ser roxo xa non é delicto.

Agardemos que a razón se impoña. En todos. Porque atentar contra a autoridade é outra cousa.

Parece que alguén -e non precisamente o acusado- está vendo totalmente roxo.
Gal-O Canthor
Gal-O Canthor


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES