Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Día do Apóstolo, Patrón de Galiza

viernes, 26 de julio de 2019
Vaia por diante que non creo que o apóstolo Santiago esteña soterrado en Compostela. Iso, estou convencido dilo, foi un invento ben artellado do clero, os mercaderes e os reis e que, cun pobo sumiso, calado e afeito ós abusos, atoparon o motor ideal para facer negocio, que os negocios non teñen deus, e, dise xeito,salva-los bolsillos dos despabilados.

Estou a recordar a Paulo Coelho e o seu “Peregrino en Compostela”. Pois ben, os negocios sempre conveñen ós comerciantes e á propia Igrexa. Por certo,tan alonxada de Deus como arrimada ós cartos. A mín,iso de peregrinar meditando na búsqueda de Deus, paréceme moi ben; pero, no que eu creo, viaxan as pateras. Curiosamente,unhas pateras rexeitadas por moitos que se dín católicos.

Pois ben, como ven, a mín góstame chamarlle ás cousas polo seu nome, e dicir o que penso. E fágoo por riba de calquer consideración que poida ser susceptible de ofensa. Se digo que Galiza vive no cuarto mundo, non trato de aldraxala, senón de expresar unha visión da realidade que quixera ben distinta. Se digo que vive sumida nun soño triste, sen despertar do soño do himno, agochada, anódina, sen ilusión, sen esperanza, sen outras perspectivas de mellora… é porque só vexo xente teimosa, acougada na desconfianza, suspicaz e afeita a vivir calada, como derrotada nunha guerra de incomprensión e marxinación, onde só, unha minoría de crase acomodada, vive allea á dor dos seus semellantes.

Unha Terra que só é paraíso para golfos e ricos…Dise xeito, só trato de describir unha realidade que non me gosta e que denuncio co fín de loitar, pacíficamente, con argumentos, por outra moi distinta.Certo é que vai a ser escaso o éxito dista loita, mais non por elo renuncio a ela.

E para as revolucións, insisto que pacíficas, cómpre saber quen son os enemigos: A crase política galega é moi cativa, non só na súa influenza a nivel nacional, senón na falta de verdadeiros líderes, que saiban antepoñer os intereses da Terra ós do partido ou persoais. Coa apatía que viven os galegos, e a pouca implicación na vida política, calquer “pouca cousa” sal diputado.

Certo é que é máis doado sendo de dereitas, dado o gran predicamento que a dereita tén en Galiza. Mais na esquerda, o problema paréceme a mín que é que cada un quer ser o líder e son incapaces de unirse nun frente común. Xa non sei cantas fraccións hai, e iso pasalles unha factura tremenda, como amosa o Congreso de Diputados. A máis, Galiza é terra de caciques, por máis que traten de dicir iles mesmos que iso é dun retrogradismo desfasado. Se siguen a manda-los ricos, é dicir os caciques, non fai falta que ises sexan os antergos señores feudais, senón que chega con xueces, médicos, altos funcionarios, periódicos e unha retafía de persoal fácilmente identificable.

Acó todo está atado e ben atado, como facía o dictador Franco. A Xunta é a representante máxima disa situación, e para iso, tén establecida unha rede clientelar que controla cada representante provincial, que non é outra cousa que un comisario político. Il encárgase de repartir as subvencións e as axudas ás persoas afins e a face-l os favores que sexan precisos, e, dise xeito, cambia as concenzas para lograr combatir ós opositores. Ista dinámica tan rexeitable como certa, que xa estableceron os mestres de Feijoo, Fraga por exemplo, coido que tamén poidera servir nun hipotético goberno das esquerdas. Nada se move nista Terra sen o parabén do inspector de turno ou sen consentimento do responsable do feito. De maneira que acó non hai lei que non se salte, nin excepción que non se cumpla, nin trapallada que non se faga… se val a pena ao amigo do político.

Ter o aval da Xunta amaña tódolas anomalías: construccións na beiramar, subvencións para hoteis, axudas, sen volta, para casa rurais,excursións ó quinto carallo… todo depende de quen a pida. E dos votos que poda aportar.

Quen tén xente de seu no goberno da Xunta é un conseguidor. O resto dos mortais só val para paga-la Facenda, ser perseguido por calquer mínima infracción e facerlle a vida imposible.

Acó, por exemplo, Portos deo Galicia, que deberá ser un organismo ceibe e, por tanto, servidor da toda a ciudadanía e respetuoso co sentir das vilas, é, por culpa da súa politización extrema, un ente prepotente, chulo no seu proceder, con negocios oscuros, sen transparencia algunha, e, sobre todo,con obras incomprensiblemente negativas para o entorno e exentas de responsabilidade.

Organismo onde os inxenieros confirman que son inútiles, se aceptan a desconsideración das súas propostas técnicas e se someten o dictado dos políticos incompetentes. Son inútiles se calan, se admiten as defeitas e só sirven para firmar e cobrar. Existe unha cousa que se chama dignidade, pero hai que saber de que vai. Vaia, como exemplo de outras desfeitas, a autovía do Cantábrico no Fiouco.

Portos é un apéndice do P.P, non un organismo ceibe, que actúa practicando o acoso e derribo da oposición. Pero se a esperanza son as esquerdas,tamén é fácilmente posible que pase o memo en Costas, responsabilidade dun goberno central do PSOE. Acó sempre se cumple aquel dito de que tén padriño bautizase con viño ou auga… de dereitas ou esquerdas. ¡Mal racaniño! ¡Ben que me gostaría a mín confiar en alguén!

Nada hai acó que non esteña amarrado. Se antes a prensa era o espello da libertade e servía para denunciar situacións anómalas, hoxe cecais sexa víctima das novas tecnoloxías e faltos os redactores das agallas suficientes para revertir a situación ;mais,na actualidade, un periódico é só un instrumento da Xunta subvencionadora. Aló van os críticos pensadores que sementaban esperanza ante os abusos e tropelías da clase dominante. Agora algúns vemos como as portas das nosas ideas sufren o atranco da cobardía e a miseria humán. Aqueles que se dicían os teus amigos, agachan a cachola e fanse os xordos. Isas son as pedra do camiño de quen anda.

Vivimos na Galiza onde non existe nin Breogán, nin Merlín nin a Santa Compaña. Á merda mando eu a tanta queimada, mariscada e estúpidas lendas, que só sirven para engadar o persoal e non deixarlle ver unha terrible, pero certa realidade. Á mesma merda que mando eu a ises escritores, tan fantasiosos como vendedores de mil caralladas, e tan escasos, cando non nulo, de compromiso social coa súa Terra. Fáltanvos collóns e escolledes a comodidade. Acó aceptase a emigración como algo normal e cun “bensei” noxento, que amosa una forte insensibilidade ante a desgraza allea, e é fruto da barbarie á que se afai a xente.

Acó presumese de bruto, de analfabeto e de borracho sen pudor algún. E iso a mín doeme.

Acó viven os zombis, os mortos en vida, os que non cren en nada nin en naide. Os que non teñen esperanza e renunciaron ós soños. Acó viven os que se acomodan a soportar os abusos como algo que ven no paquete. Acó viven os dispostos a traizoar, os que non se pringan e os que falan para non entendelos; os que fuxen de responsabilidades cívicas, os que só queren ser ricos, e válelles todo. Acó viven os que sempre andan detrais dun enchufe, os que mendigan a amistade dos ricos, os que din ser os teus amigos e criticante de cotío.

Acó viven os novos ricos, eses avaros cheos de cartos, a base de explota-las xentes pobres cando non roubando coa complicidade de abogados e xueces demáis funcionariado da cadea corrupta. Acó non hai corrupción, senón que acó aprenden os mafiosos de calquer país. Acó non hai investigación e, se cadrara, cambiaselle o pensamento ó testigo cunha mariscada ou calquer outro favor.

Acó non se acaba coa droga porque non se loita con valentía e só algúns merecen a gratitude. Acó viven os nenos señoritos fillos de papá afeitos a non traballar e só adicándose a dar crases de política de extrema dereita; acó viven os curas termando perder privilexios e calando situacións de inxustiza para non enfrentarse ós poderosos; acó viven os mestres, agás algún moi dignos, pusilánimes, cómodos e sen exemplaridade algunha. Acó viven moitos defensores a ultranza da nómina e capaces de vender a súa nai na defensa do seu estatus.

Acó viven algúns rapaces novos que gostarían doutra realidade, pero que comparten vida con outras maiorías de descerebrados, sensenso algún, incapaces de ler iste xeito de ver a súa Terra. A deles e a nosa. A nosa Terra é nosa. ¿Verdade Emilio Insua?
¡ Mágoa de nós e dela!
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES