Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Así nos vai

jueves, 18 de julio de 2019
Se comparamos a vida que levamos hoxe en día coa que levaron os nosos avós; comprobamos que vivimos de maneira moi diferente:
Pouco a pouco imos evolucionando, cambiando a maneira de gañarse o pan creando as reformas pertinentes que nos presten apoio nos momentos máis delicados da nosa vida.

Hoxe en día gozamos duns dereitos que foron conseguindo con moita suor os nosos devanceiros.

Hoxe en día gozamos dunhaSeguridade Social que é a envexa de moitos países adiantados.

Foi coa chegada da industria cando se empezaron a reclamar os dereitos sociais:
En 1883 creouse a Comisión de Reformas Sociais por primeira vez.
Tiveron que pasar trece anos para a creación do Primeiro Seguro Social.
Pero en canto se puxo a maquinaria en marcha, fóronse acadando máis beneficios:

En 1905 creouse o Instituto de Reformas Sociais.
Tres anos despois o INSTITUTO NACIOPAL DE PREVISIÓN ó que xa nos acollemos, por algún tempo, os que hoxe en día peiteamos canas.

Andando o tempo aparece o RETIRO OBREIRO, O SEGURO DE MATERNIDADE,O SEGURO DE PARO FORZOSO, O SEGURO DE ENFERMIDADE.

E no ano 1942 naceu o SEGURO DE ENFERMIDADE, pero como podía haber persoas anciás que non estiveran cubertas, en 1947 apareceu o O SEGURO OBRIGATORIO DE VELLEZ E INVALIDEZ.

A seguinte reforma foi en 1963 coa Lei de BASES DA SEGURIDADE SOCIAL e tres anos despois a actual LEI DE SEGURIDADE SOCIAL da que disfrutamos hoxe en día.

Por outra banda o artigo 41 da CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA garantiza que os poderes públicos manterán un réxime público de SEGURIDADE SOCIAL para tódolos cidadáns.

Fixeron falta 136 anos de loita para conseguir os dereitos que temos hoxe en día e aínda…

Aínda seguimos loitando por acadar máis dereitos, os políticos en campaña electoral tratan o tema.
Conseguir uns dereitos é labor moi costoso.
Conservalos non é menos importante.
Pero para conservalos, temos que cotizar.
Para cotizar, hai que traballar e producir.

Para traballar e producir creando benestar económico e social, hai que ter ganas e unha preparación axeitada.

Hoxe en día a vida está difícil.

Hai que ter moita preparación, hai que ter sorte e a veces aínda non chega.

Felicito de todo corazón a tódas aquelas persoas que poñen todos os seus talentos en construir un mundo mellor para todos.

Felicito a tódolos xoves que se esforzan en prepararse un futuro prometedor sen desanimarse.

Están aparecendo novas profesións, novos oficios, novas maneiras de vivir pensando en facer a vida máis cómoda.
Están moi ben todas esas aspiracións, pero sen descoidar outras, que últimamente están un pouco abandoadas.

Entre elas:
-A creación de familias fundadas en bases sólidas.
-As relacións interxeracionais.
-A atención á ancianidade como unha etapa máis da vida.
Porque a sociedade formámola todos.

Todos somos membros de pleno dereito neste mundo ó que un día chegamos e -o día menos pensado-, tócanos partir…

¿Qué pasa hoxe en día coas familias?
¿Cómo son as relación interxeracionais?
¿Cómo se atende a ancianidade?

“¿ESTAREMOS PERDENDO VALORES?”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES