Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Lareira de Soños reunirase cos novos gobernos polos Frescos dos Vilares

jueves, 18 de julio de 2019
#SalvemosOsFrescosDosVilares

A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares volverá a reunirse cos novos gobernos da Deputación Provincial de Lugo e do concello de Guitiriz para lembrarlles que hai un acordo da comisión de cultura do Parlamento Galego (decembro de 2017) para que a Xunta de Galicia, conxuntamente coa Deputación, o Concello e a diócese de A Lareira de Soños reunirase cos novos gobernos polos Frescos dos VilaresModoñedo-Ferrol acorden a fórmula definitiva para a restauración das pinturas murais do século XVI.

A Lareira, solicitará reunirse coa alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e cos novos reaponsábeis da área de Cultura da Deputación Provincial co fin de recuperar tan importantes pinturas e sacalas da "lista vermella do patrimonio do estado" na que ten entrado para vergoña das institucións a pesares dos anos de demanda de solución por parte da asociación dos Vilares.

Co proxecto xa redactado por encargo de Patrimonio da Xunta de Galicia, a contratación dos traballos depende unicamente de decisións políticas, para o que seguiremos a insistir dado onperigo de desaparición definitiva dos mesmos si non se actúa para frear o seu paulatino deterioro.

Asismesmo, e pasados os diferentes procesos electorais, solicitaremos novamente a Património retomar os contactos co resto de institucións e trasladaremos a situación dos frescos de estilo gótico hispano-flamenco dos mestres de Parga e Nogueira ao Parlamento Europeo.

Os frescos da igrexa de San Vicenzo dos Vilares constitúen unha série de catro pinturas de grande valor, das cais unha delas, a imposición da casulla de San Ildefonso, é a única con esa temática en toda Galiza.

Desde o seu descubromento en 1991, os frescos foron deteriorandose até entrar nun grave risco de desaparición pola falta de actuacións que garantizasen o seu mantimento, as rozaduras dos bancos, as humidades e outras causas ambientais, até tal punto que teñen sido incluídos, pola súa importancia e pésimonestado, nas listas vermellas do patrimonio en Galiza e no estado.

É por isto que a Asociación Socio-Cultural Lareira de soños seguirá traballando para acadar a súa restauración, posta en valor e divulgación definitivas ás institucións públicas.

Temos realizado accións tendentes a chamar a atención sobre a posíbel perda das pinturas e reclamado infructuosamente a súa reparación a través de entrevistas, máster universitario, reclamacións no Parlamento Galego, Valedor do Pobo, edición de dipticos e paneis na igrexa, vídeo spot, logo identificativo, etc... sin que esas accións teñan aínda procucido avances, polo que seguiremos a insistir cos novos responsabeis políticos sobre este asunto até ter acadado a solución ou ou dar por perdidos definivamente uns frescos únicos dun incalculábel valor patrimonial en Galiza e na Terra Chá.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES