Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: Novos aires no Camiño

sábado, 12 de enero de 2008
Reprimín o impulso de por signos interrogativo/dubitativos á frase que abre a reflexión. Non por falla de coñecemento e capacidade dos alcaldes senón polas prioridades e intereses que privan no Camiño. Oxalá podamos celebrar “os novos aires” Falo do traspaso de poderes na Mancomunidade do Francés. O alcalde de Triacastela releva ao de Sarria que se sente ledo “por ter contribuído a dinamizar esta entidade durmida e paralizada” O entrante asinte: “antes non houbera nin unha reunión e imos darlle o impulso definitivo!” Aplaudo intención.

Ao meu parecer, deberían comezar por se democratizar e pórse de acordo vostedes, dialogar máis con Patrimonio/Xacobeo e brindar participación real aos veciños, os grandes ausentes dos Plans do Camiño, sendo eles os mais afectados. As “charlas informativas para resolver dúbidas”, con cita previa incluída, non foron abertas, nin alentadas. Non se celebraron as reunións previas (alcalde/veciños) nin foron avisados. Nalgúns casos, só os concelleiros.

Velaí propostas. Antes de empregar enerxías e fondos “para pór en valor o Camiño” (¡iso xa está feito!) mellor que dediquen tempo a analizar a situación real/actual e a darlle saída viable ás vellas desfeitas e mesmo evitar presentes e futuras. No desconcerto e desfeita actual, ¿quen van ser os árbitros!?. O que haxa que facer ou determinar, ¿vai ser de xeito unilateral ou por consenso!?.¿¡Incluídos ou excluídos os veciños e mesmo os cregos da beira dos camiños!?. Señores alcaldes da Mancomunidade: Teñen unha boa e nova oportunidade para demostrar que son vostedes os que, de verdade, “mellor coñecen e mais aman e protexen o Camiño”
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Xustiza económica para Galicia: Galicia é a terceira comunidade que máis se beneficia económicamente de form...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información