Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facer ben non pesa a ninguén

jueves, 27 de junio de 2019
Cado eu era unha nena oía con moita frecuencia:
“FAI BEN E NON MIRES A QUEN”

Hoxe en día parece que esas cousas son “prehistóricas”.
A vida moderna é outra cousa…dirán algúns.
Outras moitas persoas estamos convencidas do contrario.
Facer ben, claro que fai historia, afortunadamente.

Facer ben sen mirar a quen pasa á historia porque queda escrito no corazón de moitas persoas xenerosas e bondadosas como algo moi importante.
Por eso segue tendo vixencia.

Hai moitísimas persoas que fan canto máis ben poden desinteresadamente.
Fan ben a persoas que llelo saben agradecer e tamén a outras que pasan desapercibidas ou son desagradecidas.

No corazón desas persoas bondadosas e xenerosas habita o Espírito Divino que lles dá forzas para “PASAR POLA VIDA FACENDO O BEN”
Non é que esas persoas fagan o ben porque sexan “tontas”.
Non, de tontas nos teñen nada; pero teñen moita bondade no seu corazón.
Actúan co corazón na man aínda que a súa mente non as entenda en moitas ocasións.

Xa din alí:
“O CORAZÓN TEN RAZÓNS QUE A RAZÓN NON ENTENDE”
Máis tarde ou máis cedo, esas persoas xenerosas e bondadosas van sentir no seu corazón, unha satisfacción que ninguén lles pode arrebatar.
E non só eso.

Tamén hai moitas persoas que saben valorar a súa boa vontade.
De feito valoramos moito aquelas persoas que fan “de tripas corazón”, sobre todo á hora de coidar persoas na etapa terminal da vida.
Coidan ós proxenitores, coidan ós sogros, coidan a toda a familia; privándose de traballar por conta allea e de cotizar para o día de mañá.
Son persoas que traballan en silencio, persoas que practicamente pasan desapercibidas porque non teñen un posto “relevante” na sociedade; pero…
ELAS SABEN QUE ESTANDO Ó CARÓN DAS PERSOAS MÁIS NECESITADAS, ESTÁN ONDE TEÑEN QUE ESTAR.
Porque non lles pesa facer ben.
Non queren ter problemas de conciencia o día de mañá.
TER A CONCIENCIA TRANQUILA É UNHA GRAN RIQUEZA.

Unha riqueza que afecta directamente á calidade de vida e por suposto, á felicidade persoal –e por que non dicilo- ó prestixio social, tamén.
Por eso hai moitísimas persoas que fan moito ben en diferentes campos de traballo.
Moitas veces traballan de portas adentro e outras a nivel social.
Nin unhas nin outras fan ruido.

Tampouco saen nos medios de comunicación social como merecerían.
As boas noticias non producen o impacro social que producen outro tipo de noticias.
Unha mágoa.
Os seres humanos somos así de “peculiares”

A pesar de tódolos pesares…
CANDO SE FALA CON PERSOAS DESTAS CARACTERÍSTICAS, RESPÍRASE UNHA PAZ INDESCRIPTIBLE.
Persoas deste xeito hai moitas e fan falta moitas máis, porque persoas necesitadas sempre as vai haber.
Un dos problemas de hoxe en día é a falta de xente nova.
Temos pouca xente xove e a que temos está moi solicitada.

ESTÁ MOI SOLICITADA A XUVENTUDE DE VALÍA.
A que non está solicitada é a que non ten ganas…
Nin ten ganas de estudiar nin de traballar.
¿Por qué?
¿Por qué hai xente con moito vicio?
Principalmente xente nova.
Xa din alí: “xente nova e leña verde, todo é fume”

Hai xente nova que non sabe o que quere.
Non sabe o que quere porque a veces foi criada con excesivo mimo, con escesivo consentimento, con demasiadas facilidades…

“O VICIO NA XENTE NOVA”
Este será o título do seguinte artigo.

Hoxe toca disfrutar das que fan moito ben.
Temos moito que agradecerlles.
Tamén teño que agradecer que vostede me tivera na súa consideración nesta ocasión.
¡Que teña un bo día!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES