Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Instituto de Vilalba, hai 37 anos

miércoles, 12 de junio de 2019
Cúmprense agora 37 anos desde que no Instituto Basanta Silva de Villalba se celebrou o I Foro da Cultura Galega, segundo comprobo polo programa que veño de No Instituto de Vilalba, hai 37 anosatopar. Estaba organizado polo profesor Manuel Regueiro Tenreiro, que foi educador e director do noso Instituto, coa colaboración do claustro do centro, do concello de Vilalba e da Asociación de pais de alumnos.

Non esquezo que os alumnos do Instituto naquel tempo son hoxe rapaces e rapazas cincuentóns, aos que o tema lles sonará moi lonxe, compracéndome en refrescarlles a memoria indicando que a primeira ponencia do foro fora leída polo vilalbés Xosé Chao Rego, xa daquela grande teólogo e escritor; a segunda sobre os “Valores operativos do Galeguismo”, polo organizador Manuel Regueiro Tenreiro; outra máis por Xosé Trapero Pardo sobre “A poesía de Noriega Varela”, e unha cuarta de Benito Varela Jácome sobre “A narrativa de Álvaro Cunqueiro”.

O Foro rematara precisamente o Día das Letras Galegas, coa entrega de premios ás comunicacións presentadas, aos premiados no Certame Literario e os galardoados nas competicións deportivas, ademáis dunha actuación do grupo musical “Xorima”, de Vilalba, formado por mozos vilalbeses, que hoxe xa é historia, como case todo o que se refire a aqueles tempos.

Se hoxe lembro este Foro da Cultura Galega do ano 1982, é porque en Lugo vimos de celebrar o funeral por Manuel Regueiro Tenreiro, un tempo profesor en Vilalba, logo xa na capital lucense e durante máis de dez anos Director Xeral de Política Lingüística.

No Instituto de Vilalba, hai 37 anos A miña relación con el iniciouse precisamente con motivo deste Foro, continuou todos estes anos, e tivo colofón coa celebración de “Os nove anos lucenses de Fraguas”, ao serlle dedicado a este vello profesor o Día das Letras Galegas.

O fervor que o profesor Regueiro puxo na organización daquel Foro continuou todos estes anos en todo o seu labor, e culminou –un último esforzo- nestes traballos sobre Fraguas do que foi gran amigo, e no que colaboramos os antigos alumnos de don Antonio no Instituto masculino.

A cultura, a filosofía, Galicia, ven de perder un fillo destacado que hai 37 anos deixou en Vilalba pegada que algúns lembrarán, que se concretou especialmente no I FORO DA CULTURA GALEGA.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES