Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembrando ao amigo Dr. Regueiro

martes, 04 de junio de 2019
Non é fácil expresar cos ritos da retórica habitual o noso sentimento, o da miña esposa e o meu, pola morte do amigo D. Manuel Regueiro, a quen debemos leccións de sabedoría, Lembrando ao amigo Dr. Regueirohumildade e dunha excepcional condición moral, cuxo maior maxisterio foi poñer a súa humanidade ao servizo do ben; non era fácil superar a súa xenerosidade e a delicada e rigorosa pulcritude espiritual e profesional.

A súa vida debe ser un motivo de orgullo para toda a familia, e especialmente para María Teresa, a súa esposa, que compartiu os episodios de dor durante varios anos cunha fortaleza eloxiable.

É posible que a nosa vida acabe moito antes de que se nos borre o baleiro da ausencia do amigo Manolo, porque el deixou detrás de si dous recordos inextinguibles: a alegría de vivir en paz con todos e a súa inalterable bondade.

Carme García e Pedro Rubal.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES