Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xaneiro

viernes, 04 de enero de 2008
Ano novo, vida nova. Empeza o ano e faino con promesa de cambios, suponse que para mellorar aínda que non sempre sexa así. Moitos empézano bébedos, quizá porque teñen moito que esquecer dun mal ano que se foi ou por medo a ollar cara a cara un novo cheo de incertidumes.

O ano empeza tamén co día dos Manueles, un dos nomes máis populares e extendidos no país. Ven despois a Epifanía. A noite de Reis era de anceios, ilusións e soños, mesmo de arelante vixilia ilusionada, para os nenos e tódolos que conservan un vagalume de inocencia no espírito, incluídos aqueles pais que querían conservar esa chama acesa nos seus fillos. Dicimos era, porque esa inocencia foi trocada polo noxento consumismo que convirte aos nosos nenos en meros clientes dos grandes almacéns e consumidores do xoguete pasivo por catálogo.

Viña logo no santoral a celebración do San Antón Abade o 17 de xaneiro, hoxe en declive pola propia decadencia do mundo rural e agrario. En Lugo aínda ten sona o “San Antón lacoeiro”. Patrón de cofradías de labradores e avogoso dos animais domésticos, tal os porquiños forra alma. En tempos era toda unha tradición a rifa do porco de San Antón, que se celebraba ese día, logo de andar o porco ceibo e alimentado polos veciños.
Aquilino Iglesia Alvariño cantou ao mes de xaneiro nun poema que empeza:
Mes de xaneiro.
Vai frío.
Treman as arbres despidas.
A lúa chove no rio.


E é que xa o di o refraneiro: “En xaneiro, sete capas e un sombreiro”, se é que non se quere tremar cal árbore espida. Tamén está aqueloutro que anuncia inestabilidade: “En xaneiro, un pouco ao sol e outro pouco ao fumeiro”. Quizá teña que ver con aquela creenza, tan pouco científica como fermosa, de que os primeiros doce días xaneiriños anticipaban proféticos o tempo que había facer nos meses do ano.

Eran as sortes. Claro que logo estaba o das contrasortes, que podían trocar o primeiro prognóstico, atendendo á climatoloxía reinante entre o día doce e o vintecatro. En fin, sempre había posibilidade de acertar.

Pérdense moitas cousas que non debían perderse. Hoxendía xa non se cantan “aninovos” e “manueles” como en tempos en que, por non haber medios de comunicación, a senté comunicábase á súa maneira. Eis un exemplo:
Ano novo, ano novo,
Ano novo velo eí ven:
Veña polo noso ben,
Polo de vosté tamén.

Torres Regueiro, Xesús
Torres Regueiro, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información