Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No pasamento de Manuel Regueiro

viernes, 31 de mayo de 2019
A Xunta de Galicia súmase ao sentimento de profunda dor que hoxe aflixe o mundo da cultura galega polo pasamento de don Manuel Regueiro Tenreiro, quen foi, desde 1989 a 2000, director xeral de Política Lingüística.

No pasamento de Manuel Regueiro Doutor en Filosofía pola Universidade Complutense, escritor poliédrico moi atento ás cuestións éticas e profesor cunha fonda e sincera vocación docente que puxo en práctica con éxito en múltiples centros educativos, foi, no entanto, durante a etapa en que se responsabilizou do departamento de Política Lingüística da Xunta de Galicia cando coñeceu unha maior proxección pública por ser a persoa que puxo as bases dalgúns dos esteos nos que se fundamentou, ata a actualidade, a política gobernamental de promoción do uso da lingua galega.

Son exemplos incontestables daquel bo labor que hoxe aplaude e agradece Galicia enteira a creación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e a posta en marcha da rede de centros de estudos galegos, aínda viva e operante hoxe en universidades de medio mundo.

De xustiza é, nesta hora do seu pasamento, agradecerlle a don Manuel Regueiro Tenreiro que nos fixese partícipes, tarefa a tarefa a prol da vitalidade da lingua galega, da súa aventura de vivir.

Permaneza en todas e todos nós para sempre a súa voz moral e comprometida irrepetible.
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES