Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Lareira de soños acusa de discriminación da Xunta aos Frescos dos Vilares

lunes, 03 de junio de 2019
A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares acusa á Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, que sigue sin licitar a restauración doa Frescos dos Vilares a pesares de ser aprobada na Comisión de Cultura do Parlamento de Galicia hai casi ano e A Lareira de soños acusa de discriminación da Xunta aos Frescos dos Vilaresmedio.

Sin embargo, ten licitado a restauración dos frescos de Pinol (Sober) nunha cantidade de 137.000€, cuantía superior á necesária para a restauración das pinturas murais dos Vilares de estilo gótico hispano-flamenco, ao igual que as de Pinol, pero con maior risco de desaparición e que contan con unha escea única en Galicia na súa parede norte, a Imposición da casulla de San Ildefonso.

É lamentábel que na decisión de salvar a arte prioricen intereses políticos e partidistas (goberno do PP en Sober) por diante da salvación duns frescos de alta calidade realizados no século XVI polos mestres de Parga e de Nogueira.

Do delegado da Xunta en Lugo, o señor Balseiro, aínda estamos agardando, medio ano despois dunha entrevista con él a chamada prometida onde garantizaba a restauración dos frescos da igrexa de San Vicente dos Vilares.

Así, nin Xunta, nin Deputación Provincial nin Concello de Guitiriz, a pesares de varias visitas e promesas, teñen amosado interese na salvación das pinturas, incluídas desde hai un mes na 'Lista Roja' do Patrimonio do estado para vergoña destas institucións.
A Lareira de soños seguirá a promover campañas até acadar a licitación dos traballos de restauración dunhas pinturas murais únicas que foron pintadas na nave máis antiga da igrexa (S.XII) e na que se realiza pola Pascua a afamada Romaría dos Desamparados que convoca cada ano a milleiros de romeiros.

A igrexa ten tamén catro retábulos neogóticos e un barroco con tallas dos séculos XVII e XVIII, un sartego, un fabuloso calvario, un altar exterior e un cruceiro que conforman un conxunto único de arte relixiosa.

A discriminación coas pinturas dos Vilares poden levar á desaparición definitiva desta xoia pictórica despois de cinco séculos de existencia descubertas en 1991 pola inacción institucional, que nin tomou medidas para frear a súa degradación nin fai nada para a súa conservación e recuperación definitiva a pesares das moitas accións desenvolvidas para demandar a súa salvación, no Parlamento Galego, na oficina do Valedor, con conferencias, elaboración de tripticos informativos, audiovisuais, entrevistas e visitas de políticos e técnicos, etc...

A hipocrisía política dos diferentes gobernos (local, provincial e autonómico) recoñecendo a necesidade de actuar nos frescos e a inacción posterior mentras se acometen restauracións menos urxentes, resultan lamentábeis, e máis aínda cando as diferentes asociacións relacionadas co patrimonio teñen advertido da necesidade de salvar estas pinturas.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES