Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 29 de mayo de 2019
Esta Santa Rita...

Quedei algo así coma medio fundido. E iso que aínda teño tres libros para ler; un deles, a medias. Pero por se aquel, por se non me gustan, por se pasa algo, por se a ver o demo... Non vaia ser que me quede sen lectura! Que desgraza, meu deus, morrería co desgusto! Entón, polo seu aquel, marchei á biblioteca de A Valenzá coa intención de coller en préstamo algún máis (é mellor que sobren ca que falten; moito mellor!). Pero quedei algo así coma medio fundido. Porque cando cheguei á biblioteca vin a persiana baixada e o cartel na porta. Santa Rita. Patroa dos funcionarios. E mira que lera a Pingas de Orballonoticia pola mañá cedo neste mesmo xornal! Pero... as ansias de lectura! Aínda que, o máis principal, a miña cabeciña! Porque xa polo mediodía me acontecera o mesmo: que quixen realizar uns trámites no concello de Baños de Molgas e ó intentar abrir a porta, a Santa Rita tamén colgara alí un cartel, un letreiro para advertir do peche das dependencias municipais. E mira que o lera pola mañá cedo! A miña cabeciña! Esta maldita idade! Un xa non é como era. O tempo empeza a pasar factura. Pois nada, mañá é outro día. E o libro que estou lendo xa sei que non o deixarei a medias, polo que ata mañá chégame ben. E o xoves xa non é Santa Rita. Que mira que me amolou hoxe...

A coiraza da indiferenza

Ruído de sabres no Congreso. Ruxerruxe de carraxe nas miñas entrañas. Porque hai seres humanos ós que lles cae grande o de almas humanas. Só lles faltou coller os fusís. Porque non os tiñan alí. Ruído de improperios, de aldraxes nun recanto da nosa sociedade. Non recanto que nos debería representar e... vaia se nos representa! Aí, precisamente aí, descubrimos a besta, o diaño que levamos dentro. Ruído de versos que non riman e de bailes que nos atrapallan ou que nos pexan. Somos catro pasmóns furgando nun galiñeiro. Somos catro paspáns fozando nun formigueiro. Ruído de palabras que veñen e van polas bancadas dunha cámara democrática. Dunha que? Dunha presunta cámara democrática. Golpes sonoros. Pés que zapatean impotencia e incapacidade. Algarabía no galiñeiro. Barullo nos asentos. Menos mal que opto por vestir a coiraza da indiferenza. Pero, iso si, cun sexto sentido posto en Portugal. Menos mal que opto por non ler declaracións de guerra escritas sobre os mastros dunha bandeira. Aínda que, iso si, cun sexto sentido buscando un paso para cruzar a fronteira. Ruído de olladas nas que ves que, máis alá do iris, da meniña dos ollos, hai moita xenreira. Moito ruído. Demasiado ruído. É difícil vestir a coiraza da indiferenza.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES