Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A delgada liña docente

miércoles, 29 de mayo de 2019
Como docente e educador social, sempre defendín a necesidade de educar en valores. A inclusión apréndese a través da empatía. É imposible ser profesional de nada sen unha base de empatía e diálogo. Na comprensión está a base do desenvolvemento profesional e persoal. Comprender require ter unha escala de valores criticamente asumida e totalmente interiorizada que nos leve a actuar delimitados polos nosos valores; entón, a educación non pode excluír os valores porque constitúen o seu propio cerne. O que si pode e debe facer é establecer un código deontolóxico que estableza que valores e como se van transmitir, procurando sempre promover a autonomía moral do alumnado.

Isto parece sinxelo; non en tanto, hai unha delgada liña entre a promoción da criticidade e a utilización da labor docente para promover ideas partidistas. A labor docente supón manterse nesta delgada liña deixando medrar as ideas cara a todos os puntos ideolóxicos sen facer canteira para un determinado punto.

Daquela, o difícil da docencia é non escorar.

A semana pasada, nun colexio gravouse unha clase na que se rebordou a conciencia esta liña esta delgada liña docente, tratando de definir bos e malos.

Evidentemente, desta clase é difícil que saia pensamento crítico e cando en educación non existe pensamento crítico xérase a idea de rebaño.

Unha democracia avanzada ten que esixir aos seus docentes o equilibrio constante na liña citada porque quen educa para un rebaño está limitando a liberdade individual de pensamento e de ser na vida o que se queira e como se queira; polo tanto, o modelo educacional pode asegurar ou limitar a vida e o xeito de desenvolvemento dunha democracia.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES