Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Feliz año nuevo!

miércoles, 02 de enero de 2008
Eu, que a pesar do que poida parecer, son bastante corto na relación cos demáis, non me costa ningún traballo ir pola rúa saudando a todos os coñecidos que, cos anos, van sendo ben deles. Non hai problema por ese hola, ou ata logo, ou bos días, ou boas tardes, que non compromete a máis. E pararme, claro está, coas persoas que requiren maior atención, ou coas que teño algún tema pendiente.

Pero estas festas nas que estamos piden algo máis, e eso xa me costa máis traballo.
Cando se achega a Noiteboa e o Nadal, compre dicir tamén, ademáis do hola ou adeus, “Boas festas”, “boa noite”, ou algo polo estilo. E cando pasan estas festas e chegan o fin de ano, pode un seguir co “Boas” ou “Felices festas”, pero o que máis se adoita dicir é “Feliz ano”, que engloba tanto o día e festa do remate do ano como todo o ano que vai entrar.

Eu, moitas veces, esto dígoo sen dicir, como case descolgado do saúdo, e sempre me sae despois do saudado, ó que normalmente lle toca levar a iniciativa. Pero que lle vou facer, eu son así, e un non pode cambiar radicalmente aínda que moitas veces o desexara.

De todos os xeitos, coido que este é un costume relativamente moderno, e que antes non tiñamos tempo nin gañas de andar con tantos requilorios, ou non había tantas cousas que celebrar, ou non había tantas celebracións que agora afortunadamente -xa que se trata de festas- son practicamente universais coas excepcións lóxicas dos que tiveron algún acontecemento familiar desagradable.

De cando empezou este costumbre, non teño verdadeiramente idea, pero si a teño de cando a min me chamou a atención por primeira vez.

Todos os primeiros de ano miña nai e máis eu adoitabamos ir á feira das Pontes, xa se sabe que cadra sempre en día un, como facíamos con algunha outra feira ó longo do ano, porque alí vivían meus avós maternos, e a visita así era tanto familiar como de feira, o que case viña ser unha festa, porque antes as feiras eran moito máis que acontecementos comerciais e, desde logo, moito máis do que hoxe son empezando pola duración que ía desde as primeiras horas da mañá ata case de noite.

Lembro un ano, era eu ben pequeno, no que chegamos ás Pontes o primeiro de xaneiro case ó amencer porque ás feiras íase moi cedo.

E comecei a escoitar “Feliz año nuevo”, “Feliz año nuevo”. Tería eu cinco ou seis anos pero aquelo quedóuseme gravado como a lume... “Feliz año nuevo”.

Seguro que polas circunstancias vitais de cada quen, polo contorno, pola época, non había moito que celebrar ou felicitarse. Había o feito de vivir, que xa era moito, nunha comarca rural que aínda non sabía nada da industrialización que logo ía a experimentar.
Aínda que todos eran galego falantes, comerciantes e compradores, labregos e vilegos, ponteses ou vilalbeses, a frase soaba en castelán: “Feliz año nuevo”, quizáis porque o galego daquela non tiña expresións de felicidade ou non se usaban socialmente porque aínda era máis fino expresarse en castelán, como sinal de respeto á persoa saudada.
Non sei se foi aquel contrasentido lingüístico a primeira badalada que me fixo razoar sobre a conveniencia de utilizar o idioma de diario, o que se utilizaba na Porta de Cima -o que o utilizaba-, nas Pontes, na Feira... pero aquel “Feliz año nuevo” dito con ledicia e en alta voz por xentes que manexaban o galego coa mesma naturalidade coa que respiraban o frío daquela mañá de xaneiro, quedoume fixado na memoria para sempre, e ahí estará ata que a natural destrucción das neuronas vaia borrando as mensaxes que a vida me foi deixando.

A todos os internautas que tedes querencia por www.galiciadigital.com, deséxovos que teñades tido unha feliz entrada de ano 2008, que non corra tanto coma o anterior que se foi moi rápido, que non sexa peor que o que despedimos, e que todos nos levemos un pouco millor.

Así, pois, “Feliz ano 2008”, e os que veñan.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES