Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A diversidade no galiñeiro

miércoles, 15 de mayo de 2019
Nestes días o congreso dos deputados abre de novo as súas portas para organizar a nova lexislatura, empezando polo reparto de escaños segundo o volume dos diferentes grupos parlamentarios.

Leo nunha nova que, debido a problemas de accesibilidade, Pablo Echenique vai ter que estar no galiñeiro, lonxe do grupo parlamentario que lle é propio. Ao mellor hoxe en día non é posible outra solución pero hai que mandarlle un mensaxe aos xestores do congreso, do senado, dos parlamentos autonómicos, deputacións e concellos: váianse acostumando á diversidade, váianse acostumando a facilitar accesibilidade de toda a cidadanía porque o movemento pola accesibilidade universal é unha bola de neve imparable que os vai sobrevivir e vai transcender xeracións; polo tanto, non está mal que as altas institucións do estado, aquelas que teñen como función representar á cidadanía se poñan na vangarda deste movemento para ser exemplo moral do que ten que ser un país libre, democrático e diverso.

Sei que haberá quen intente facer política con isto; pois que se paren a pensar no seguinte: “mañá podes ser ti”.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES