Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un paseo por Lugo

viernes, 28 de diciembre de 2007
Logo de que o Concello dedidira instalar un paseo das letras coa imaxe de distintos escritores de renome dentro da literatura galega, convén falar doutros monumentos chegados á urbe de Lugo recentemente. A cidade ten por costume vestir ao xeito romano para dar entrada ao verán, na celebración romana por excelencia da provincia, nun evento no que, durante tres días, a cidade das Murallas se volve territorio romano. Falo do ‘Arde Lucus’, co que se dá a benvida ó Deus LVGH con desfile, circo romano, loita de gladiadores e xogos dacabalo, sendo algúns reclamos o paso de bigas coas súas aurigas polas rúas da cidade, os espectáculos de vodas celtas e ‘nasciturus’ levados a cabo polos sabios druidas, ou os concertos de harpas e música celta que se completan cunha bacanal romana.

A novidade deste ano foi a homenaxe ós fundadores da urbe coas estatuas erguidas no fondo da Praza Maior, de costas á Casa do Concello, coas que se rende tributo a César Augusto e a Paulo Fabio Máximo, cun conxunto escultórico que é obra de Ramón Conde. Mide tres metros de alto e pesa arredor de seiscentos quilos. O máis característico é retratar a imaxe do fundador, Paulo Fabio Máximo, do que semella non haber constancia de que estivera en Lugo, sendo quen decidiu crear a urbe. Por outra parte, buscábase homenaxear ao emperador coa súa representación máis clásica, descuberta en Prima Porta no 1863 (e que se pode ver nos Museos Vaticanos). Represéntase coma un deus, polo símbolo que sostén na man, mentres que P.F. Máximo leva un pliego da fundación da urbe aguantando a medias con C. Augusto o plano arqueolóxico do lugar. Para o artista que elaborou estas pezas escultóricas en bronce tratábase de representar a cultura romana a través do seu emblema característico, lembrando un arco do triunfo, á vez unha especie de túnel do tempo. O espazo escollido para o emprazamento da escultura que rende tributo a Roma é moi simbólico, semella que aí se atopou o hito fundacional da urbe de Lugo. Ubícase entre a Catedral e o Concello, e convérsese nun lugar de obrigada parada para os visitantes, que deixan inmortalizada nunha fotografía.

Lugo acaba de recuperar uns dos seus emblemas, que antigamente se ubicaba na Praza Maior. Na de Avilés temos a réplica da clásica fonte dos leóns que fora encargada no ano 1855 o escultor Paciano Guitar, e instalada na Praza Maior no 1861, servindo para que os veciños de Lugo se abasteceran de auga nunha cidade que non tiña traída. A estes conxuntos escultóricos vén sumarse o busto de homenaxe ó músico e fundador do Orfeón Lucense, José Castiñeira Pardo, instalado na Praza Nova de Ramón Ferreiro.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES