Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os dereitos conquistados

miércoles, 01 de mayo de 2019
Hoxe é día de festa en Europa e en medio mundo. Hoxe a rúa é dos traballadores e das traballadoras, que hai que lembrar que moitas nin sequera cotizan pola súa labor de coidado permanente das persoas ao seu cargo. É un día para o futuro, para pensar en todo o andado e negarnos a renunciar a retroceder nin sequera un paso.

Por iso, cómpre lembrar que ningún dereito (e menos os laborais) foi dado nin doado por altruísmo. Todo é froito dunha conquista que día a día podemos gañar ou perder. Cando non facemos uso do dereito, perdemos. Cando nos defendemos contra a inxustiza, gañamos. Estes dereitos deben ser un legado interxeracional pero debemos transmitir con eles a necesidade permanente de protexelos. Nada é para sempre e o mellor xeito de perpetuar é practicar.

Aquí é onde a historia se volve unha disciplina fundamental. O ser humano tende a facer unha foto fixa da realidade, sen darse conta que, día a día, existen forzas que a mudan para ben o para mal. Polo tanto, temos que estar pendentes dos cambios para non ser arrasados por eles. A liberdade nunca será unha conquista definitiva, cada xeración debe conquistar a liberdade facendo uso duns dereitos humanos que resultan fundamentais para vivir con dignidade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES