Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Binormativa: O futuro é agora

lunes, 22 de abril de 2019
Son galego de nascencia e se consciéncia, non teño feito ningún curso de galego agás un da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña cando era un rapaz e que impartira a grande Pilar García Negro. Desde aquela, moito se ten discutido sobre o galego.

Na miña posición de cidadán galegofalante e desde a perspectiva de casi 12 lustros de existéncia, a cruda realidade é que o galego ten retrocedido en falantes e que hai un evidente problema de trasmisión xeneracional do idioma por múltiples causas que de seguro se ten investigado por profesionais bastante máis cualificados. Ao meu ver, hai un factor clave que debe ser o centro dun debate no que a língua, ademáis da nosa principal seña de identidade, terá que ser, tamén a principal ferramenta de desenvolvemento do noso país nun mundo cada día máis globalizado.

Si a sociedade percibe que o idioma é útil, este recuperará uso e funcionalidade, pero si este está só para uso interior, irá perdendo usuarios e valor relegandoo a unha función sentimental, folclórico e mesmo relegado a unha situación pseudomuseística.

O problema é cando as institució s políticas, culturais e lingüísticas ignoran e esconden debates nos que nos xogamos o futuro da língua, a economía e as posiblidades de progreso.

Qué medo hai a abordar campos de posibilidades que atinxen máis de 200 millóns de falantes cando o galego vive encerrado nun ámbito de 2.700.000 cidadáns, perdendo poboación e cos máis vellos, tamén, galegos monolíngües?

Cal é o problema para adoptar e convivir con unha segunda grafía (tamén oficial) que abra portas directamente a cinco continentes co quinto idioma máis falado do mundo?
Quén dixo medo a facilitar mercados en países tan lonxanos como Brasil, Macao, Angola, Mozambique...e mesmo con un idioma oficialnda UE?

E quén pode obviar o importante mercado cultural, turístico e a historia común a través do idioma con tantos cidadáns no mundo?

Só os intereses políticos de curto percorrido e as mentes cativas poden defender o reduccionismo e o camiño do suicidio idiomático, as mensaxes confusas dirixidas a meter medo a medrar e sentirnos máis orgillos@s de ser galeg@s e cidadáns do mundo, a medrar en riqueza e cultura.

A nosa relación co lusismo debe deixar de ser testemuñal, para actos entre veciños e pasar a convertirnos en irmáos en convivéncia, deixar de lado complexos e estereotipos e crer nas posibilidades que se nos abren para os nosos fillos e para o país coa dupla normativa. Niguén nos vai indicar como temos que falar nun idioma tan rico e diverso como o noso, máis grafar ademáis do galego normativo, para adiante, nunha grafía tamén oficial na norma portuguesa, fará de Galiza unha pequena poténcia. Que non nos enterren con mentiras: O FUTURO É AGORA!!
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES