Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ernesto Cardenal, o poeta devorado

viernes, 19 de abril de 2019
Outro poeta, daquela Goya cos pinceis, pintou a Saturno devorando ao fillo, nun país que se devoraba a si mesmo a principios do XIX. Agora lemos que á ditadura familiar do Somoza que devorou Nicaragua ao longo de décadas, vén de sucedela a saga familiar dos Ortega, despois da pausa ilusionante do sandinismo. Éche a historia de Nicaragua volvendo onde solía, tan ben resumida polos catro versos do corrido mexicano: 'Mi padre fue peón de hacienda / y yo un revolucionario / mis hijos pusieron tienda / y mi nieto es funcionario', ou de como a revolución se devora a si mesma. Enterámonos agora da persecución do presidente Ortega contra Ernesto Cardenal, antigo compañeiro de loita.
Sacerdote e poeta, abondosa barba branca, noventa e catro anos e un fermoso sorriso debaixo da pucha negra. Cardenal é o poeta vivo máis importante de Nicaragua e un dos grandes de América Latina. Por iso o mundo da literatura solidarízase co autor de obras tan fermosas como 'El estrecho dudoso', 'Cántico cósmico', 'Salmos' ou 'Homenaje a los indios americanos' entre moitas outras. Vivirá longos anos no arquipélago do lago de Nicaragua, onde fundou unha comunidade de labregos, pescadores e artistas primitivistas. Como medio de vida, deulles clase de pintura e artesanía. Desde 1966 animou aos campesiños a ler e reflexionar xuntos, de aí xurdirá o 'Evangelio de Solentiname'. Eran cousiñas perigosas que a ditadura brutal de Tacho Somoza non soportaba. Como xamais soportaron as ditaduras o aire libre das ideas e o alento liberador da beleza. Co sandinismo no goberno, a axuda alemana permitiría reconstruír a comunidade de Solentiname cunha biblioteca e unha escola para formar líderes das comunidades labregas.

Foi Cardenal unha voz profética e poderosa, unha presenza teimuda contra o somocismo e despois, entre 1979 e 1987, ministro de Cultura. Por esa época tivo que soportar de xeonllos a reprimenda pública doutro personaxe excesivo, o papa Xoán Pablo II. Populista fóra e moi conservador dentro, non podía tolerar a presenza dun sacerdote católico nun goberno sandinista e popular.

E, ao fin, chega agora o enfrentamento con Daniel Ortega, caricato autoritario do antigo líder sandinista, acompañado da súa dona, a vicepresidenta Rosario Murillo. Semella outro Saturno devorando a fermosa utopía sandinista e destrozando a fráxil democracia nun indisimulado intento de instaurar unha nova dinastía familiar.

Este goberno multou ao poeta con case un millón de dólares, que nin pode nin vai pagar. Quedarán coa súa casa monacal pero non lle van a arrincar a abondosa barba branca, nin ese case século de versos e esperanza, nin o fermoso sorriso devorado polos novos amos que parasitan Nicaragua.

Juan Antonio Pinto Antón


¡Ay, Nicaragua, Nicaragüita!

'Mi padre fue peón de hacienda / y yo un revolucionario. / Mis hijos pusieron tienda / y mi nieto es funcionario'. Depresión post-revolución en el corrido mexicano. Ahora en Nicaragua.

Este Daniel Ortega, ex-comandante ex-sandinista quiere crear una dinastía en un país que aún recuerda la de los Somoza.

Se nos ha hecho así de dictatorial apoyado por el ejército y la policía. Y torciendo la ley para una reelección eterna.

En frente, los jóvenes, hartos del autoritarismo y el recorte de libertades. Las protestas han dejado 25 muertos.

He aquí a nuestro ex y ex acallando a golpes las voces críticas, encerrando opositores, atacando manifestantes, controlando elecciones, silenciando medios y aumentando desigualdades.

Si Sandino, el que se las tuvo tiesas contra el matonismo yanqui, levantara la cabeza...
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES