Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sés, rabia ao silencio

miércoles, 17 de abril de 2019
Sés regálanos neste 2019 un disco de versións. Certamente é un disco diferente e orixinal por varias razóns: primeiro porque fai una adaptación ao galego de referentes da poesía e a música latinoamericana como Benedetti, Carlos Puebla, Mejía Godoy, Mercedes Sosa, Zeca Afonso, Raphael de Carvalho, Mini, Atahualpa ou Soledad Bravo.

Segundo porque na carpeta do disco faise explícita a actitude pedagóxica do mesmo xa que cada tema ten unha explicación breve que o contextualiza de xeito que o disco permítenos adquirir coñecementos. Quizais, o tema que me causou máis impacto o que abre o disco “O grileiro” de Raphael de Carvalho.

Refírese a unha figura que aparece no Brasil do século XIX e se dedica a
especular cos terreos que non teñen titularidade, facendo escrituras para asumir a mesma. Para que esta titularidade semellara antiga, metían os papeis nunha caixa con grilos, redondeando a estafa especuladora.

Dixo Sés no concerto da Coruña que o disco era unha débeda cumprida con todos aqueles que a impulsaran á escrita e a erguer unha voz propia. Como se pode ver e escoitar toda cantora ou cantor ten uns referentes éticos e culturais que a fan ser que é e como é. As declaracións de principios precisan non só referentes senón verbas e versos alleos que vaian conformando as propias palabras, as propias músicas e os propios versos. Posteriormente, hai que pagar con dozura a débeda, poñendo voz a aqueles que xa se foron como o Zeca, Atahualpa ou Mercedes Sosa. Foi Atahualpa o que dixo que lle tiña rabia ao silencio e, quizais, radica aí o cerne do cantor. Calquera poetisa ou cantora, calquera poeta ou cantor tenlle que ter rabia ao silencio porque só contra o silencio ten razón de ser.

Recoller todos estes referentes culturais e éticos, fai de Sés unha persoa agradecida pero, tamén, a sitúa nunha atalaia nocturna onde o insomnio inconformista protexe á cidadanía de autoritarismos. A ética e a coherencia cultural e humana de Sés está fora de toda dúbida. Este disco fai dela un exemplo de liberdade. Ela leva a bandeira unísona, nós imos detrás coa intención de atacar con rabia e para sempre todos os nosos silencios.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES