Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A amizade non ten precio

viernes, 12 de abril de 2019
Nun interesante descubrimento feito pola Universidade de Los Angeles, conclúen en que a amizade é verdadeiramente algo especial que contribúe ao fortalecemento da protección da saúde para o futuro, cousa necesaria neste mundo que nos toca vivir cheo de tempestades e obstáculos, para que nos amaine as borrascas emocionais e nos axude a producir no caletre as sustancias químicas para manter latentes os vínculos que sentimos cando un amigo de verdade, é como un irmán que che bota man e pon o ombreiro si precisas saír de algunha mágoa laboral, sentimental, ou económica como tantos e tantos están sen ter para sobrevivir.

Sen dúbida, as relacións de agarimos aumentan a prolongación da vida axudando a superar os intres críticos como os que sempre chegan ao quedarse un só, sen parella, ou se perde un ser amado na familia, demostrándose que, quen pode confiar nos amigos, reacciona e recupérase en tempo máis curto que aqueles outros que se encerran na tristura e na depresión, pois ao sentirse apoiados e queridos, constitúe unha fonte de ledicia sobranceira de mellora da estima e do benestar persoal para desfrutar do presente porque o pasado non ten futuro. Na vida a mellor fortuna é a de atopar con quen compartir amizade.

Naturalmente, non é doado acadar merecer unha relación afectiva entre persoas, con un senso de cariño, protección e lealdade que se forma de moi diversas maneiras, no traballo, na escola, na universidade, na xuventude e na madureza, e na mesma lonxevidade, algunhas veces, xorden de súpeto e fanse longas e infindas amizades que veñen a ser como un complemento na vida para xunguir sentimentos, que parecen un tópico pero que, a veces son o elixir da felicidade que se da tamén co roce e sexo que envolve a intimidade facéndose máis intensa, incluso, máis que noutras épocas da vida, na que, por moito que se diga, chegar a vello até agora é o único medio para vivir moito tempo, e saber facelo é unha obra mestra de sabedoría das máis difíciles do gran arte de saber esmorecer até morrer'.

Todos queremos chegar a vellos, pero ninguén o quere ser, e o que máis vale non é o que temos, senón, á quen temos.

¡A amizade non ten prezo!
López Quiroga, Germán
López Quiroga, Germán


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES