Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Soñemos cun mundo mellor

jueves, 11 de abril de 2019
“Los sueños, sueños son”, según Calderón de la Barca.
Aínda que a vida é un soño; os soños son necesarios, porque se non soñamos con alcanzar algún obxectivo é que non temosaspiracións.
As aspiracións son necesarias porque con elaspoñemos a nosa mente en alerta.
Os soños, as aspiracións…despertan a mente.
Precisamos “ver mentalmente” a posibilidade de mellorar cada día para poder evolucionar.

¿QUÉ PODEMOS MELLORAR NOS MUNDOS QUE VIVIMOS?

Seguramente que moitascousas:

A PRIMEIRA CONSISTE EN MELLORARSE CADA PERSOA A SI MESMA.
Cómpre ter vontade de mellorar a nivel individual en primeiro lugar; se cada persoa non abra a mente a novas melloras, malamente.
Pero vexamosalgúns aspectos nos que debemos colaborar a nivel colectivo:

A familia é a célula base da sociedade. ¿Certo?
¿Cómo está a familia hoxe en día?
Non voufacerdistincións entre un e outro tipo de familia; pero vou pensar na familia en xeral.

AFORTUNADAMENTE SON MOITAS AS FAMILIAS QUE ESTÁN BEN FUNDAMENTADAS E QUE SABEN LEVAR CON ACERTO O TIMÓN DA VIDA.
Pero non todas acertan:
-Unhas din que é porque non acertaron á hora de elixiir a persoa indicada coa que convivir.
-Outras porque os tempos que vivimos son moi complicados.
-Outras que non se senten maduras para levar unha vida.
-Outras que pensan que hoxe en día todo vale…

PENSO QUE TAMÉN HAI MOITA IRRESPONSABILIDADE.
Penso que non sempre está a solución en romper.
Antes de romper, haimoito que aprender.

APRENDER A CONVIVIR É UNHA ASIGNATURA PENDIENTE EN MOITOS CASOS.
Convivindo construimos sociedade.
Se se rompe a convivencia a nivel familiar, rómpesetamén a nivel social.
Debemos evitalo por tódolos medios ónoso alcance.

É BASTANTE HABITUAL NESTES TEMPOS QUE AS PARELLAS DEDIQUEN POUCO TEMPO A COÑECERSE.
Páranse moito en conseguir tódalas comodidades materiais: vivenda, coche, confort…
Eso é importante, pero non é o máis importante.
Porque a vida de parella é moitomáis: cariño, fidelidade, compromiso, administración, respecto, responsabilidades compartidas, educación da descendencia como é debido…

CERTO QUE OS TEMPOS ACTUAIS SON DIFÍCILES.
¿Cando non o foron?
¿Non se encontraron con moitas dificultades os nosospais e os nososavós?
¿Non loitaron por superalas?

SE TEMOS AS IDEAS CLARAS, AS DIFICULTADES SUPERÁMOLAS.
As familias que as teñen claras, saben o camiño que teñen que coller: VIDA HUMILDE E SENCILLA RESPECTANDO OS VALORES DE TODA A VIDA; sen crear necesidades supérfluas.

AS PERSOAS INMADURAS… teñen dúas opcións: aprender ou fracasar.

AS PERSOAS QUE PENSAN QUE TODO VALE, tampouco van acertadas.
Non cabe dúbida que precisamos familias comprometidas, MOI COMPROMETIDAS NOS TEMPOS QUE VIVIMOS.
Máis comprometidas que nunca, a ser posible.

¡TAMÉN NECESITAMOS MÁIS APOIO Á FAMILIA!
Apoio dos poderes públicos e apoiodos membros da familia, porque na familia é onde se aprenden os valores básicos: respecto, amor, comprensión, apoio mutuo, a compartir vivencias…
Algo que debemos coidar con moitocariño e moitoesmero
Estamos á porta dunhas novas eleccións…Algo pasará.
Soñemos cun mundo mellor para facerfronte a unha nova etapa.

¡QUE NON CANSEN OS ÁNIMOS!
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES