Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paixón rural

viernes, 12 de abril de 2019
O pasado 31 de marzo fomos convidados a ler un dos artigos da Declaración dos dereitos das labregas e labregos no Salón Nobre do Pazo de Fonseca en Compostela. Tocounos proclamar o apartado dedicado a desfrutar da propia cultura e a implicarse no seu desenvolvemento.

Foi unha lectura pública do texto aprobado o 17 de decembro do 2018 pola asemblea da Onu en Nova York. O manifesto foi anunciado con voz rexa e persuasiva por representantes de colectivos e organizacións de todo o país, convocados por Isabel Vilalba Seivane, a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, que con sabedoría e xenerosidade foi tecendo o mapa da sensibilidade galega a prol das labregas e labregos e outras persoas que traballan nas zonas rurais, E escoitáronse os berros e arelas do campesiñado universal na voz de protagonistas da Terra Chá rural que loitan a cotío contra o despoboamento esixindo máis servizos sociais e contra a explotación inxusta e a minaría destrutora da saúde do territorio e das criaturas.

Artigo a artigo estivemos debullando as inquedanzas e salaios dos habitantes das zonas rurais, vibrando coa paixón dunha irmandade universal que loita polo dereito á terra e polo ben do mundo, mesmo percurando unha alimentación saudable.

Este encontro de dinamizadores sociais serviu para coller forzas e seguir sementando de futuro as distintas agras da nosa actividade plural dende o conxunto das nosas comarcas. Este compromiso local non nos impedíu sentirnos solidarios doutros pobos, mesmo seguindo o relatorio da líder brasileña Marina dos Santos que nos lembrou que o vindeiro día 17 era a Xornada Mundial da Loita Campesiña en memoria dos 69 membros do Movemento dos Sin Terra do Brasil asasinados pola policía nunha manifestación na mesma data do 1996.

A solemnidade do esceario non ofuscou a nosa vontade de traballar á par con todas as comunidades labregas pola defensa dos nosos dereitos, adaptándoos á realidade galega, construíndo un mundo máis sostible e igualitario no que a muller sexa valorada no seu papel fundamental no desenvolvemento das nosas aldeas coma xestora e dinamizadora das nosas familias e explotacións que sempre foi.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES