Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nenos

lunes, 08 de abril de 2019
Os nenos. Os nenos son inocentes, son puros, son malos, son rabudos. Os nenos teñen todo bo, pero tamén son os que pagan o pato, os que cargan co pandote. O sorriso dun neno vale por todas as bágoas que deixaches escapar por algunha ou moitas das súas trasnadas. A ollada dun neno desármate de tal maneira que non queda outra que debuxar na boca a súa inocencia, a súa felicidade, os seus xogos. A maior parte da nosa vida transcorre baixo a influencia dos nosos nenos. Porque o teu fillo xa pode ter 70 anos que, como vivas, seguirás a chamarlle neno; será o teu neno. Polos nenos sufrimos horrores. E por desgraza vivimos nun mundo cheo de calamidades para os nenos.

Nunha guerra son os que máis levan as de perder. Nun divorcio ou separación, por xeral, son as grandes vítimas. Nas secas africanas son os máis débiles. En calquera situación negativa creada polo home, polos gobernos, polos países, pola sociedade o que máis paus leva é o neno, é a criatura indefensa que, logo de mallala, bótase ós teus brazos para que lle deas calor e cariño. Vémolo na propia maldade deles mesmos; que son crueis de carallo cando queren, pero ós dous minutos xa xogan e se abrazan co presunto inimigo. A inocencia vencendo á maldade. A perversidade derrotada pola candidez ou inxenuidade.

Emporiso, o neno é o gran derrotado pola nosa indiferenza, polo noso egoísmo, polo noso poder. A proba é que millóns de nenos son vítimas de violacións de practicamente todos os seus dereitos fundamentais, e o que é peor, polas institucións pensadas para a súa protección e, a miúdo, pola súa propia familia.

NenosPor iso é que non queda outra que eloxiar, que gabar a iniciativa do CHUO ourensán (e a de un hospital de Bilbao) levando ós nenos ó quirófano conducindo eses cochiños que tanto lles gustan. Non lle curarán o mal, pero seguro que van máis tranquiliños, sen estrés, sen tensións e sen bágoas e, isto, xa fai por media anestesia. Polo menos que teñan un chisquiño de felicidade dentro da súa propia traxedia. A maiores de que ata os propios médicos traballarán con moita máis calma.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES