Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Radio Popular de Lugo: 50 anos

lunes, 25 de marzo de 2019
Ven de publicarse o libro “Medio siglo de radio–50 anos de Cope Lugo” que, coordinado por José Luis Ramudo, contou coa colaboración da Deputación Provincial, e foi presentado no Centro de Artesanía e Deseño, onde o organismo provincial ten un Obradoiro do libro, de onde teñen saído traballos artesanos de gran interés.

Radio Popular de Lugo: 50 anosA publicación dun libro tan complexo leva, necesariamentee, moito tempo sacala adiante, e agora mesmo xa son cincuenta e un anos de radio Popular en Lugo, pois hai que lembrar que esta emisora na capital lucense comezou a funcionar polo San Froilán de 1967.

Pero atendamos á celebración, que medio século é cifra rotunda a celebrar, pensando ademais que moitos dos que daquela comezamos a formar parte desta casa seguimos, senón en activo profesional porque o calendario imponse, si formando parte daquela familia de xentes mozas que revolucionou a radio lucense, ata daquela cunha sóa emisora –Radio Lugo- e agora cun número de estacións emisoras que permiten ao conxunto ser o medio máis directo, máis inmediato, que acompaña, informa e forma como ningún outro.

Aproveitando estes cumpreanos para mirar atrás cara ao lonxe, atopei no meu arquivo o guión dun programa que titulei VILALBA I A TERRA CHÁ, que se emitiu o 1 de setembro de 1968, de 11 a 12 da mañán, con motivo do San Ramón Vilalbés.

Mirado na distancia, era un programa floxiño, nostálxico, de principiante, que louvaba Vilalba e as súas festas, sen máis creación propia que ir fiando citas de Manuel María, Fole, Antonio Peña Novo, Parallé, Chao Ledo, Carmiña Prieto Rouco, Garcia Mato e García Hermida, na que o idioma radiofónico aínda era para min o castelán, pero por querencia, polos textos, posiblemente, a evolución xa comezara e coas dificultades da época na que nin normativa existía, comecei a escribir en galego.

Medio século de radio, dos que só os máis afortunados dos protagonistas fomos testemuña, rodeados de oíntes fidelísimos que non deixan de lembrarnos aqueles tempos que agora nos parecen oscuros, nos que as ondas da radio levaban compañía, ledicia e libres mensaxes a moitísimas xentes para os que a radio era o único medio de comuNicación. A todos, moi feliz cumpreanos, e por moitos máis.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES