Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cousas cunha segunda vida

miércoles, 27 de marzo de 2019
Levo tempo vendo como polas rúas da Coruña moita xente recolle mobles ou cousas do lixo. Lonxe de ser unha mala nova paréceme que o feito de deixar algo ao lado dun contedor de lixo e que alguén o recolla significa que o obxecto desbotado vai ter unha segunda vida. Hai unha forma mellor de reciclaxe?

O problema é que andar no lixo supón un estigma pero moitas veces o desbotado pode ser de utilidade ou obxecto de reciclaxe para outra persoa. Legalmente temos que avisar ao concello e baixalo cando se nos indica. Facendo así, moitas veces o obxecto desaparece entre que o cidadán o baixa e chega o servizo municipal a recollelo. Isto é un feito coñecido por todos os que viven na cidade. O tema é se coñecemos este feito porque non poñemos medios que o faciliten e o potencien?

Habería que crear puntos, quizais máis hixiénicos que un contedor, onde quen desbota poida deixar o obxecto e quen o precisa poida botar un ollo e coller aquilo que lle é útil. Isto é unha reciclaxe que facilitaría a vida de moitas persoas e, tamén, das propias cousas que serían moito máis aproveitadas. Estes puntos deberían ter un xeito de revisar o material que constatara que realmente é susceptible de ter unha segunda vida, de ser útil de novo. Facendo isto, estaremos facendo a vida un pouco máis levadeira a aquelas persoas que pasan por unha situación límite e, ao mesmo tempo, asegurámonos de que os utensilios que creamos teñen un pleno rendemento.

Unha segunda vida é unha oportunidade para todos e aproxímanos a unha sociedade sostible e respectuosa co medio ambiente.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES