Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Viveiro a Lugo pasando por Tuñas Bouzón

lunes, 17 de diciembre de 2007
Confeso que son un devoto admirador das novas vías de comunicación, estradas ou autoestradas, que creo sinceramente que o progreso dun país ten nas vías de comunicación un dos pilares máis importantes, e por eso levo unha alegría cada vez que vexo un novo tramo feito, como o que veño de ver en Ribadeo da nacente autovía A8, que está chamada a pasar por Vilalba, e que pola zona de Mondoñedo rexistra unha importante actividade.

E por eso tamén saudei alborozado a nova estrada entre Viveiro e Vilalba, que pola zona de Muras e Ourol tivo un progreso espectacular, e vai significar un avance moi importante na comunicación entre Viveiro e Vilalba e, como prolongación, a Lugo.

Na inauguración desta vía, as autoridades competentes congratuláronse do resultado das obras, da mellora das comunicacións, do extraordinario panorama que a nova vía presenta, facendo especial fincapé no cuidado que teñen que ter os conductores ó circular por esta vía que segue a ser difícil.

Habería que coñecer a opinión dos usuarios, que posiblemente –dentro da extraordinaria mellora- non é tan favorable como as autoridades.

Contaba o radiofonista Tuñas Bouzón, hoxe historia da radio en Lugo, que nunha visita dun Ministro de Obras Públicas a un pobo non se sabe onde, seguida entusiásticamente polos medios informativos nun tempo en que a información estaba totalmente dirixida, e comezou a falar en público dos extraordinarios avances de comunicación experimentados baixo o seu mando, o que coincidía perfectamente co que dicían os xornais.

Nesto, alguén do público, comentou: Sr. Ministro... Eu teño viaxado polos lugares que vostede menciona e ou non hai as obras que vostede dí, ou non son tan boas como din os periódicos. A suposta resposta do Ministro debe figurar en calquera antoloxía da comunicación (sexa informativa ou viaxeira): Pois menos viaxar, e máis ler os periódicos.

Esta nova estrada, segundo xente que vive na zona, ten varios problemas dos que eu puiden percibir algún este verán cando viaxei a Viveiro en varias ocasións. Está moi ben, pero por un pouco máis púidose facer a vía de comunicación definitiva, e que non quedase a medias entre o existente e a perfección.

Os que viaxan a diario por ela quéixanse de que faltan vías lentas, de que se lle toca a un un camión diante, hai que eternizarse enchéndose de paciencia e agardar os poucos lugares onde se pode adiantar con comodidade e seguridade.

Esta vía era unha auténtica vergoña para un sistema de comunicacións propio do século XXI. A situación das estradas entre Lugo e Viveiro, e entre Lugo e Ribadeo ocasionou que centos de lucenses foramos veranear, mercar vivendas e investir na provincia da Coruña, por ser infinitamente mellores as comunicacións con Miño, Sada e Pontedeume que con Viveiro, San Cibrao, Foz e Ribadeo.

O tema está en vías de solución pero levamos cincuenta anos de retraso, e aínda falta.

Contaba Tuñas outra historia (era un pozo de humor e coñecemento), tamén sobre un Ministro de Obras Públicas que chegaba a un pobo e recibíano as forzas vivas ó completo, ó frente das que figuraba a Banda municipal que tocaba co maior entusiasmo algunha peza do repertorio.

Parece ser que a banda non o facía moi ben, e entre dúas autoridades locais xurdíu o comentario: Válgame Deus, que mal tocan estes malditos... Ó que o outro respondeu: Facer fano mal, pero para as carreteras que fai o Ministro ben lle vale a música que tocan.

Non é o caso, que hoxe en día os Ministros e os Conselleiros de Obras Públicas fan boas carreteras, axustándose ó que os proxectos establecen, e os proxectos responden exactamente ós presupostos, ás posibilidades económicas do momento.

Ahí temos a estrada de Viveiro. Ben, moi ben. Pero por un pouco máis non quedou perfecta. Non sei que investimento faría falla, pero no que se fixo investíronse trinta e oito millóns de euros.

Ben está o que conseguimos. Pero que non esquezan que aínda hai que seguir investindo para que quede ó gusto dos usuarios, especialmente dos que viven ó seu carón.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES