Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Terras de Paradela!

lunes, 17 de diciembre de 2007
Ás portas do Nadal, o vindeiro día 21, os veciños de Paradela e da súa entorna, os amantes da poesía e narrativa e da cultura galega (e afeccionados ao teatro) van ter a oportunidade de gozar e compartir unha das mais novas e fermosas festas cívico/culturais que, a pesar dos seus poucos anos de vida, xa se está consolidando con moita forza. Esta festa, eminentemente de caracter cultural, naceu de resultas do acto oficial a entrega de premios anuais do Certame de Poesía e Narrativa que leva o nome do egrexio poeta e fillo predilecto de Paradela Manuel Orestes Rodríguez López.

Perante as súas doce edicións, unha boa e rica representación de grupos galegos tradicionais actuaron nesta festa cultural para honrar aos premiados e aos habitantes destas Terras. Entre eles, ademais dos nenos e nenas do Colexio Público de San Miguel de Paradela que participaron en case todas as edicións, participaron Mª Castaña de Lugo, Mero/Mini (varias veces), “Xubilosos” (grupo de teatro de Muimenta, Terra Chá), Xosé Manuel Carballo (contos e maxia), Riveira de Louzarela (O Brindeiro da Montaña) e outros.

O Concello, os membros do Xurado e os responsables máis implicados na organización destes actos desexan celebrar e compartir esta XIIª edición de entrega de premios dun xeito especial. Por varias razóns de peso: Por teren chegado aos doce anos (¡e seguir medrando axeitada e progresivamente) e por teren tamén a ocasión (por primeira vez) de ver, compartir e gozar dunha fermosa obra con raíces e orixe en Paradela e mesmo dedicada a estas Terras.

Esta obra, ata agora descoñecida, vai ser estreada nesta festa, onde, en dereito, debe ser, xa que aquí naceu e tivo o seu berce e crianza esta nova e coidamos que tamén fermosa criatura. Nun lugar axeitado como é a tamén nova Casa de Cultura, que non por casualidade se non tamén por dereito propio, leva o nome do noso ilustre Poeta, Manuel Orestes Rodríguez López

A nova creación teatral é orixinal do profesor (tamén poeta, escritor e autor de teatro) D. Francisco Piñeiro González sobre ideas de outras varias obras súas, xa premiadas nalgúns dos Certames. Ven a ser (segundo declaracións do propio autor e adaptador) unha representación ou dramatización audio/visual “Da Auga e da Terra de Paradela” (título da obra) realizada e representada por excelentes actores dos grupos de teatro “O Bordelo” e “A Adala” (Costa Lucense) que el mesmo dirixe, coa colaboración da súa dona Mª Paz Rodríguez e coa montaxe de Miguel Anxo Rubio, seus colaboradores.

Como xa ven de vello, a obra irá precedida da actuación dos nenos e nenas do Colexio de San Miguel de Paradela que recrearán anacos da vida e obra do noso meirande Poeta! Lembren, veciños e amigos de Paradela: Día 21, ás oito do serán, Casa da Cultura. ¡Portas abertas para todos e para todas!. ¡Bo Nadal!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES