Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As pequenas cousas…

viernes, 14 de diciembre de 2007
Escoitar a voz da xente que queremos, así como ler unha carta manuscrita ou mesmo un sms enviado ao móbil dende a distancia física entre dúas persoas que afectivamente se sinten un a carón do outro… é algo que non ten prezo. Desfrutar dun CD compartido, oír as cancións que falan de nós mesmos nalgún intre da nosa vida e coas que nos identificamos, camiñar baixo a chuvia sentindo esvarar sobre a pel as bágoas dun día gris, soñar espertos con horas felices cunha compaña especial, son as pequenas cousas que fan que desexemos erguernos á mañá seguinte para vivir un chisco máis.

Reencontrarnos tempo despois con alguén do pasado que nos fixo sentir que o mundo era un agasallo marabilloso que degustar bocado a bocado ou volver mirar as fotografías daquel outono con arrecendo a castañas que deixaba atrás un verán de múxicas nos ollos e sabores doces, supoñen pequenos obsequios polos que sorrir e pronunciar palabras fermosas en cada xornada lúdica ou de traballo.

Por todas esas cousas vale a pena respectar os límites de velocidade, como din dende a DGT, para non ficar sen puntos ou rematar a xornada nunha cuneta. Sempre hai algún motivo polo que non arriscar a propia vida nin a allea nun adiantamento temerario ou nun inútil exceso de velocidade, para chegar, con sorte, ao mesmo punto que o que non toma a viaxe con tanto apuro.

O feito de ver como sae o sol cada mañá, como nacen as margaridas nos campos ou como florece a primavera mentres sentimos o arrecendo do ar agarimando a nosa pel ao conducir o noso coche pola cidade coa fiestra baixada son motivos máis que suficientes para non entregar a vida por un mal xiro ao volante. Cada un debe elixir o seu propio motivo para respectar os límites de velocidade e poñer os cinco sentidos na condución. Por esa persoa especial. Pola saída de fin de semana a ese lugar anceciado. Pola posibilidade de asistir ao último concerto do noso cantante preferido. Por gozar do último perfume que nos regalaron. Por volver degustar ese prato tan rico que só sabe así no calor do fogar. Polo amor á vida. Por tantas e tantas cousas…

Como se reflicte no impactante spot publicitario difundido dende a Dirección Xeral de Tráfico, todo é pouco para que nas cifras de mortos da fin de semana non estea o noso nome. É ben sabido é que o exceso de velocidade e o alcohol son os peores compañeiros de viaxe. Pero tampouco axuda falar polo teléfono móbil ou non respectar os sinais de ceda o paso ou stop. Ao volante toda atención é pouca, con radares expectantes pola seguridade e a vida.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES