Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deixar fluir

jueves, 07 de marzo de 2019
Din que na variedade está o gusto.
E para variadas: as persoas.

Non hai ningunha persoa idéntica a outra.
Tampouco hai ninguna persoa que pense exactamente igual que outra:
-Podemos pensar parecido.
-Podemos pertencer a unha mesma familia.
-Podemos pertencer a un determinado partido político.
-Podemos practicar unha mesma relixión.
Pero…

-Cada persoa ten a súa propia maneira de interpretar e de pensar.
-Cada persoa da familia marca o seu propio camiño, aínda que teñen moitos rasgos comúns.
-Podemos pertencer a un mesmo partido político e seguir, en xeral, as súas directrices, pero cada persoa ve a vida da súa particular e orixinal maneira.
-Incluso podemos practicar a mesma relixión, pero cada persoa interprta á súa maneira unha mesma doutrina.

TODOS SOMOS MOI DIFERENTES; PERO TODOS TEMOS QUE RESPECTAR AS IDEAS DOS OUTROS.
ALGO COMPLICADO PERO MOI NECESARIO.

Podemos face-la nosa propia cama á nosa maneira; pero non podemos obrigar ós outros a facela como a facemos nós.
O que si temos claro é que todos temoso u debemos face-la cama se queremos dormir comodamente.
Así pasa con todo na vida.

NO TOCANTE ÁS IDEAS, ÁS CRENZAS, Á MANEIRA DE ADMINISTRA-LA NOSA VIDA; PODEMOS OPTAR POLA FORMA QUE MELLOR SE ACOMODE ÁS NOSAS CIRCUNSTANCIAS PERSOAIS, ECONÓMICAS E SOCIAIS.

Ninguén pode controlar o noso pensamento por moita autoridade que teña; sencillamente porque nacemos dotados de liberdade.

A liberdade –non libertinaxe nin libre albedrío- é un don propio dos humanos que nos permite pensar como nos dicte a nosa conciencia elixindo a opción que consideremos máis acertada en cada momento, en cada lugar e en cada circunstancia:

-Se temos a conciencia rectamente formada, pensaremos acertadamente en moitas ocasións.
Noutras ocasións tamén nos equivocaremos.

-Se temos a conciencia pouco ou mal formada, temos máis risco de fracasar con maior frecuencia.
Dos erros tamén imos aprendendo e tamén imos madurando ó longo da vida según as nosas experiencias persoais.

O QUE DEBEMOS TER CLARO É QUE A VIDA DEBE FLUIR.
A VIDA SEGUE.
NON SE PODE PARAR.
OS QUE TEMOS DATA DE CADUCIDADE SOMOS OS HUMANOS, PERO A VIDA SEGUE.

A vida segue o seu ritmo e hai que deixala seguir aínda que a veces non teñamos moi claro que rumbo tomará:

-Dos países gobernados con dictadura, dicimos que van malamente.
Desto tamén temos mostras nestes tempos.

-Se gozan de democracia; tamén hai moitas maneiras de interpretala; e tampouco se poñen de acordo os propios gobernates:
Cando están na oposición ven a vida dunha maneira.
Cando están no poder vena do lado contrario.
De xeito que o que din na oposición; pouco ou nada se parece a cando están no poder.
A VER QUEN ENTENDE ESTE MUNDO…

Este mundo é un poliedro de infinidade de caras.
Todas forman parte deste mundo e ninguna é perfecta; pero…imos indo.
¡Qué remedio!
“IR INDO, IR FACENDO”
Este será o título do seguinte artigo.

Grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Grazas por deixar fluir: unha veces apretando e outras afrouxando…
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES