Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O tirón de Ribadeo

martes, 05 de marzo de 2019
Onte pasoume un amigo unha imaxe: as Catedrais como reclamo turístico. Ben, si, ten O tirón de Ribadeoaparecido moitas veces. Si, mesmo como se usa no caso que me ensina.

E, como se usa neste caso? Pois como reclamo para Asturias... Se ata ten aparecido en La Nueva España en ese sentido!

Conste que penso que a imaxe das Catedrais non ten por que ser usada só como reclamo de Ribadeo, ou de Galicia, senón que a pode usar calquera. Pero sen mentir, facéndoo ben. É dicir, non poden usar a foto das Catedrais como imaxe reclamo para anunciar unha viaxe a Asturias. Si se pode para dicir que bonito planeta temos e como nolo estamos a cargar.

E, mentres, que fai o goberno municipal? Pois ó mellor non se enterou, mais noutros casos semellantes, que eu saiba, nada (ao menos, non coñezo que o teña feito, non lle ten dado difusión, e ó non facelo nestes casos e si noutras cousas...) E iso que é un dos bens de Ribadeo con máis valor simbólico, como marca. O meu amigo, en cambio, xa fixo unha reclamación privada para que non usaran mal a imaxe...

Por certo, estiven pensando en poñer a imaxe do cartel co enderezo e todo, pero coido que sería facerlles propaganda aínda por riba: xa sabedes, iso que se está a usar tanto en política, que se fale de min, aínda que sexa mal... Mellor unha foto sinxela dun lugar bonito que é de todos e polo tanto, ninguén debe usar mal.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES