Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aforro no alumeado público: no Nadal e todo o ano!

miércoles, 12 de diciembre de 2007
Continuando coa campaña "POR UN NADAL MAIS ECOLÓXICO" ADEGA chama a atención sobre o desbaldimento de enerxía que supoñen moitos alumeados festivos, particularmente nestas datas. Recomendamos aos concellos non só coidar o tipo de luminarias (de baixo consumo ou tipo LED), senón tamén establecer datas e horarios máis restritivos. Neste senso van as iniciativas de concellos como o de Vigo, que deberían tamén extenderse ao resto do ano: un alumeado público ineficiente é unha das principais causas do afogo económico dos concellos, contribúe ao cambio climático e causa contaminación lumínica.

O Concello de Vigo inaugura hoxe 12-D o seu alumeado público (no 2006 foi o 30 de novembro), convertíndose na cidade galega que vai aplicar un horario máis restritivo para conquerir o máximo aforro, que pode chegar ao 60%. En Vigo, o alumeado ornamental permanecerá aceso até o 6 de xaneiro, reducíndose ademais o número de horas de funcionamento. As luces de Nadal acenderanse ao mesmo tempo que o alumeado público, pero en lugar de apagarse ás 03.00 horas farano ás 23.00, de luns a venres, e ás 24.00 os sábados, domingos e festivos.

ADEGA apoia esta medida e felicita ao concello de Vigo pola súa sensibilidade e compromiso ambiental, mais lembra que as medidas de aforro enerxético, quer no alumeado público, deberían extenderse ao resto do ano.

Un alumeado público ineficiente, alén de desbaldir até o 50% da enerxía que consume e contribuir ao aumento de emisións de gases de efeito invernadoiro, é tamén unha das principais causas de endebedamento de moitos concellos que ven como a factura eléctrica non para de medrar. A optimización dos sistemas de alumeado, adatando as luminarias en canto a tipo (millor as de sodio que as de mercurio), colocación e orientación, e optimizando os horarios, pode aforrar até un 60% do gasto eléctrico, reducindo tamén a contaminación lumínica. Este tipo de contaminación, ao igual que a acústica, está asociada ao mal uso de dispositivos -neste caso de iluminación- e é causa de alteracións ambientais e mesmo problemas de saúde, alén de impedir a contemplación e a investigación do ceo nocturno.

Neste senso, ADEGA demanda das administracións a aplicacións de planos de aforro e eficiencia tendentes a reducir o despilfarro enerxético nos concellos, máis aló de medidas puntuais. Estes planos deben ir orientadas, por unha banda a incrementar a eficiencia no consumo de enerxía (optimizando por exemplo os sistemas de iluminación) e por outra á introducción das enerxías renovábeis nos edificios e instalacións públicas. Paralelamente, son precisas campañas de concienciación cidadá para que a povoación se decate da importancia de que iluminar ben non pasa por gastar máis enerxía nen poñer máis farolas, senón por aproveitar millor a luz que emitimos.
Adega Lugo
Adega Lugo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información