Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A bolsa, a vida e a saúde

viernes, 01 de marzo de 2019
A bolsa, a vida e a saúde

Hai dous anos, a espada de Damocles da morte colgaba sobre enfermos de hepatite C. Os medicamentos podían curala pero eran inasumibles polas familias e poñían en risco á sanidade pública. Foi un exemplo máis do ilimitado poder da poderosa industria farmacéutica e a súa mensaxe de que a saúde é sobre todo para quen pode pagala.

Suponse que tamén hai hepatite, cancro, diabete, VIH en países pobres. Con sistemas sanitarios precarios ou inexistentes, son incapaces de termar da saúde e das enfermidades da cidadanía. Nos países ricos, as desapiadadas multinacionais do medicamento impoñen condicións e obrigan ás sociedades a pasar polas forcas caudinas duns prezos desorbitados.

Un ano antes foi noticia un tal Martín Shkreli 'o home máis cobizoso do mundo'. Este especulador comprou os dereitos dun fármaco contra a sida e multiplicou o prezo un 5.555%. A caixa de dazaprim pasou de 13,50 dólares a 750. Hai pois empresas da cobiza especializadas en comprar patentes e multiplicar o prezo ata límites delirantes.

Os sistemas públicos cambaléanse diante de enfermidades como a diabete, epidemia de países ricos que saltou ata os pobres. 422 millóns de enfermos no mundo son 422 millóns de clientes que pagan a diario unha altísima peaxe a farmacéuticas menos interesadas en curar que en facer caixa.

Falar hoxe do cancro é falar de altos prezos e de desigualdade. Os sistemas públicos non poden pagar os trinta, corenta e ata cen mil euros paciente/ano. Canto custa desenvolver un medicamento contra o cancro? A industria farmacéutica cala e infla os gastos de investigación. A plataforma 'No es sano' afirma que en só catro anos xa recupera a inversión. Pero o máis sangrante é que a I+D pública soporta e financia, nas fases iniciais, os descubrimentos contra o cancro. Millóns de euros públicos engordan petos privados pero non rebaixan os prezos. Ao final, a xente do común financia cos seus impostos fármacos que, sen a bendita sanidade pública, só poderían comprar os ricos.

Por iso hai que aplaudir afervoadamente ao equipo de investigadores do Centro Andaluz de Bioloxía Molecular e Medicina Rexenerativa, Cabimer, de Sevilla que está a crear un fármaco contra a diabete. Bernat Soria, fundador do centro, di que para curar a diabete hai que substituír as células que non funcionan e deter as causas. Desenvolver un medicamento desde o laboratorio ata o paciente custa uns vinte millóns de euros. Xa levan gastados tres e faltan dezasete. Pero este país babeco paga o dobre cada ano aos Messis e Ronaldos, paradigmas do panem et circenses, que traballan cos pés e escamotean impostos. E mentres, maltrata aos que traballan co cerebro, investigadoras que loitan pola vida, investigadores que apostan pola saúde sen preocuparse da bolsa.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES