Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Isaac Díaz Pardo Medalla de Ouro ó Mérito no Traballo

martes, 11 de diciembre de 2007
No pasado Marzo, a Asociación Cultural "Fuco Buxán" organizou a Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo, noso Socio de Honra, celebrando diversas actividades que tiveron lugar en Ferrol e que culminaron nun Acto público de Homenaxe no Teatro Jofre.

Dentro destas manifestacións de homenaxe, tomou esta Asociación a iniciativa de solicitar, ó Ministro de Traballo, a concesión a Isaac, da Medalla de Ouro ó Merito no Traballo, para cuxa solicitude recolleuse o apoio de varias decenas de firmas dos mais destacados representantes institucionais, sociais e culturais de Galicia.

Hoxe, o Consello de Ministros, a proposta do titular de Traballo, Jesús Caldera, acordou conceder 34 medallas ó Mérito no Traballo, atopándose entre os condecorados Isaac Díaz Pardo e tamén a coruñesa Pilar Valiño, veterana sindicalista e concelleira.

O comunicado ministerial dí: "que este galardón tiene como objeto premiar y destacar el mérito de una conducta socialmente útil y ejemplar en el desempeño de los deberes que impone el ejercicio de cualquier trabajo, profesión o servicio"

Para tódolos galardonados, e de xeito especial a Pilar e Isaac, a nosa felicitación e agradecemento pola súa entrega e o seu exemplo.
Asoc. Cultural Fuco Buxán
Asoc. Cultural Fuco Buxán


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES