Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os humanos non somos robots

jueves, 28 de febrero de 2019
Nestes tempos que nos toca vivir, os robots están entrando cada día con maior facilidade e maior frecuencia, nas nosas vidas.

A verdade é que nos ofrecen grandes servizos.
Son unha boa axuda.
Son unha axuda, pero non podemos comparalos cos humanos; por moito que se diga.

Os humanos podemos facer as cousas con cariño, con tenrura; os robots non teñen emocións.

Un robot programámolo ó noso antollo; pero un humano ten ou debe ter liberdade.

Un robot pode traballar sen límites de horario; o ser humano precisa poñer uns límites para dedicar un tempo á familia, ó ocio, ó descanso…

Un robot fai unha cousa dunha determinada maneira; un humano pode facer esa mesma cousa de diferentes maneiras.

Por exemplo: unha paella cos mesmos ingredientes, sabe de diferente manera, según quen a faga, según o amor que poña á hora de facela…

Un humano ten creatividade, un robot non.
En fin…
Penso que todos temos claras a diferencias, ou deberíamos de telas.
Outra cousa é o que se faga ou se deixe de facer coas persoas cando unhas teñen“PODER” sobre outras.

Todos coñecemos casos de persoas ás que se lles esixe un EXCESIVO RENDEMENTO de productividade no traballo; a un ritmo de robot.

Pode que algún de nós nos viramos nesa situación nalgún momento das nosas vidas.

Todos sabemos de persoas obrigadas a facer HORARIOS EXCESIVOS que acaban minando a súasaúde.

Tamén neste caso poderíamos vernos refrexados nalgunha ocasión.

TODOS SABEMOS QUE SE COMETEN ABUSOS.

Todos sabemos que hai persoas que tratan ás outras como se foran robots.
Unhas veces trátannos a nós como robots e outras somos nós os que tratamos así a outras persoas.
É inxusto.
É inhumano.

HAI MOITAS COUSAS INXUSTAS.

Todos nos queixamos nalgún momento das nosas vidas das inxustizas que cometen outros a outras persoas ou a nós mesmos.

Á hora de recoñecer que nós –todos nós- cometemos inxutizas; eso xa non o aceptamos de bo grao.

A todos nos gustaría ter unha conducta intachable, pero ninguén é perfecto.
A verdade é que todos cometemos inxustizas.
Todos –en maior ou menor medida- intentamos sacar o máximo proveito das persoas que nos rodean.

CERTO QUE TAMÉN HAI MOITAS PERSOAS XENEROSAS E ALTRUISTAS.
CERTO QUE HAI MOITAS PERSOAS QUE ESTÁN DOTADAS CO DON DA GRATUIDADE, PERSOAS QUE SE ESFORZAN MOITO POR FACER A VIDA AGRADABLE ÁS OUTRAS SEN ESPERAR NADA A CAMBIO.
Desas persoas non se fala ou fálase menos do debido.

¿POR QUÉ SERÁ QUE CASE SEMPRE POÑEMOS O ACENTO NO NEGATIVO?

Teríamos que fixarnos máis no lado positivo da vida.

Resulta algo difícil nos mundos que vivimos.
Neste aspecto como noutros moitos, hai moitas diferenzas entre unas persoas e outras; entre a poboación de rural e a da cidade...

Tamén hai moita diferenza entre unha cidade con poboación estable ou unha cidade con poboación de paso; como por exemplo as poboacións eminentemente turísticas.

A MIN PARÉCEME QUE NON HAI NADA TAN SAUDABLE COMO A VIDA TRANQUILA, A VIDA DE ALDEA, A VIDA DE POBO, A VIDA RELAXADA.

Nas localidades pequenas tamén hai problemas, pero as relacións entre os seus habitantes son moito máis estreitas.

Nas localidades pequenas existe moito parentesco entre os seus habitantes, que ten as súas ventaxas.
E cando non son parentes, son coñecidos, son veciños, son amigos…
Nas localidades pequenas tamén se dá moita presión social.
A presión social ten as súas ventaxas aínda que tamén teña algúns inconvintes.

Resulta máis difícil que se trate ás persoas como robots neste tipo de localidades; porque a vida segue un ritmo máis aceptable.
Pero…

Só algunhas persoas poden elixir o lugar onde vivir, a maioría, non.

Cada persoa ten que adaptarse ó lugar e ás circunstancias persoais que lle toca vivir, porque a vida ten que fluír.

A vida non é como nos gustaría que fora, ou como pensamos que debería de ser.
A vida é como é.
E moitas veces, tamén nós colaboramos dalgunha maneira a que sexa como é; tanto para ben como para mal.

Intentamos facela o máis levadeira posible, pero tamén nos equivocamos.
Hai que deixala fluír.

“DEIXAR FLUÍR”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES