Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cara a asistencia persoal

lunes, 25 de febrero de 2019
Hoxe quero ir introducindo o tema da “asistencia persoal”. Case me atrevo a asegurar que descoñecido para a maioría. É unha figura recente a que lle espera un longo percorrido social e administrativo e coa que nos temos que ir familiarizando. Recente en España, non así nalgúns países europeos dos que copiamos a idea. Sempre imos a Cara a asistencia persoalremolque das iniciativas máis innovadoras. Leva máis de 20 anos implantada en Suecia, Dinamarca, Noruega, Holanda… É de destacar o caso de Gran Bretaña que a considerou como ferramenta imprescindible para loitar contra a exclusión social, pagando directamente ao usuario que contrate o servizo. Aquí lamentablemente empézase a descubrir “o negocio de ser intermediario”.

O concepto de asistencia persoal aparece por primeira vez na Lei para a Igualdade de Oportunidades, Non discriminación e Accesibilidade Universal do ano 2003. Cando menos ten un título moi esperanzador. Está recollido tamén na Convención sobre os Dereitos das persoas con discapacidade, ratificada por España no ano 2008. Claro que a ratificación tampouco aporta moito. Lexislar quédase na teoría se, como en tantas ocasións, non vai acompañado dun orzamento e dun réxime sancionador.

Sen lugar a dúbidas, a asistencia persoal é un dereito das persoas con diversidade funcional recoñecido pola Organización das Nacións Unidas. No artigo 19 contempla “o dereito a vivir de forma independente e a ser incluído na comunidade”. E a vida independente levan consigo a asistencia persoal. Todo o demais son parches cargados de malentendidos. Porque aínda que aparece no papel, na realidade está xa deformada. Non hai uns criterios comúns dando lugar a grandes desigualdades nas autonomías nas que está recoñecida. O asistente persoal simplemente facilita que a persoa decida como vivir a súa vida con dignidade e en igualdade de condicións que os demais. É a persoa que permite igualar a desvantaxe inicial por ser diferente.

Hai uns días Predif (Plataforma representativa estatal da discapacidade física) presentou o libro “Manual de formación para asistentes personales” xunto a páxina web asistenciapersonal.org. Un libro moi necesario para ir creando ambiente e, sobre todo, pola confusión que hai entre esta figura e a de axuda a domicilio. Aínda que o pareza son moi diferentes. A diversidade funcional non hai que considerala desde a enfermidade, a curación… senón desde os dereitos humanos. Por iso, para entendela hai que pasar do paradigma médico-rehabilitador ao paradigma social. Este cambio dará moito que falar e, en definitiva, só se trata de ser cidadáns de pleno dereito.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES