Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Que nos quitan o traballo!

jueves, 21 de febrero de 2019
Esta é unha frase moi manoseada por aqueles que lles gusta crer nos paxariños preñados. Que os migrantes veñen a nos quitar traballo é un axioma para algúns ideolóxicamente marcados por unha xenofóbia militante moi próxima ao fascismo máis teimoso. A maioría dos desprazados veñen a realizar tarefas que non agradan aos nativos cunhas prestacións que tampouco aceptarían os autóctonos. Semella que esquecimos cando os españois en xeral e os galegos en particular saían da súa raia masivamente na procura dun traballo que era unha encomenda que non agradaba abordar aos suízos, ingleses ou alemáns. Eu cheguei a ver en Suíza os barracóns nos que vivían moitos compatriotas, moi semellantes aos que agora se aloxan os migrantes aquí. Por iso convén matizar e non caer na tentación de mensaxes que pouco ou nada teñen que ver co que realmente sucede no noso país. Din as estatísticas que a poboación almeriense de El Egido é a de maior renda per cápita de España e un cavila en que todos deben vivir alí moi pero que moi ben tanto que para asegurar ese modus vivendi votaron en maioría a Vox, non vaia ser que os migrantes estraguen a festa. A maioría dos desprazados que traballan masivamente nos invernadoiros desa localidade, traballos que raian na escravitude, seguramente non votan, cobran salarios precários e contribuen con iso a que os donos dese mar de plástico gañen tanto como para que os cálculos proporcionais poñan a esa localidade coa renda per cápita máis alta do país.
¡Que nos quitan o traballo!
Como hai cen anos nos campos sureños de algodón dos EE.UU. ¿É este o traballo que os migrantes quitan aos españois? ¿Estarían os nativos dispostos a realizar estas encomendas nas condicións nas que está esa xente? Pensemos niso.

Por outra banda está o asunto nada baladí da demografía. O país envellece e Galicia máis aínda e así as cousas será necesaria xente de fora que veña e formen familia (un de cada cinco nenos é xa de nai foránea) xa que os naturais semella non estar moito pola labor por mútiples razóns que agora non veñen ao caso . Cando o “milagre da burbulla inmobiliaria” denantes que os mercados nos meteran nesa crises brutal que pagamos os de sempre, recibíamos aos migrantes cos brazos abertos no convencemento que eran necesarios para o crecemento económico do noso país e agora dicimos que nos quitan o traballo, hai que ver. A solución que a todos satisfaga non é doada e só unha política axeitada podería dar coa clave para unha solución global pero...
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES