Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Avante coa ZEPA da Limia!

miércoles, 05 de diciembre de 2007
Avante coa ZEPA da Limia! 30 de novembro de 2007.

Grupos ecoloxistas, sindicatos agrarios e administración chegan a un principio de acordo para desenvolver a ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves) da Limia. Para ADEGA a ZEPA da Limia era irrenunciábel, polo que só compría desvencellar a cuestión da loita política e desactivar as reticencias dalgúns sectores que vían esta figura de protección intrínsecamente negativa para os seus intereses. ADEGA sempre mantivo que non só é posíbel senon que tamén é necesario conxugar a protección das aves co aproveitamento sustentábel sos recursos da chaira limiá.

Conquerir unha axeitada zonificación da ZEPA en base ás características particulares de cada área e ás necesidades concretas de conservación é un requisito imprescindíbel para garantir a viabilidade deste ou decalquera espazo protexido.

Unha declaración unilateral de ZEPA por parte da Consellería que non atendera a estas cuestións e deixara á marxe aos labregos/as da comarca, ficaría valeira de contido e non contribuiría á conquerir os obxectivos de conservación que persegue a Directiva de Aves. Por outra banda, unha oposición pechada á ZEPA atendendo a intereses políticos ou gremiais, que mesmo chegou a cuestionar a presenza de especies de interese europeo, era inadmisíbel e lesiva para o interese xeral de conservar algunha das xoias ornitolóxicas do noso patrimonio natural.

Ao cabo, impúxose a racionalidade e ningún dos colectivos presentes na mesa de traballo (SLG, UU.AA. e XX.AA.) cuestiona xa a declaración da ZEPA da Limia. Cómpre pois encher de contido a proposta atendendo á realidade ecolóxica e socioeconómica da área. En función destes criterios, establecerase unha zonificación do espazo en función dos valores naturais e o seu estado actual, delimitando diferentes espazos e graos de protección e fixando os usos permitidos en cada caso.

Finalmente, abreuse tamén o debate sobre o futuro da Rede Natura en Galiza, diante do horizonte do 1 de xaneiro de 2008 cando entrará en vigor a Lei (estatal) de Conservación da Biodiversidade. Esta norma, consolida a Rede Natura como unha categoría especial de protección e obrigará a introducir modificacións na normativa galega. Actualmente en Galiza, os LICs e ZEPAs declarados fan parte da Rede Galega de Espazos Protexidos como ZEPVN (Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais) e teñen as máximas cautelas en canto á planificación e os usos do territorio que, por exemplo os Parques Naturais.

Trátase pois de poder conxugar a protección destas áreas cun uso sustentábel e acabar con agravios comparativos e proibicións absurdas que en moitos casos só beneficiaban ás grandes empresas, perxudicando aos seus habitantes (eis os parques eólicos, piscifatorías...)

ADEGA aposta porque a Rede Natura sexa o motor do desenvolvemento sustentábel de moitas destas áreas, para o que seguramente serán precisas algunhas adatacións lexistlativas. Pero isto non debe significar o levantamento da veda na Rede Natura que, non esquezamos, é a máis cativa en superficie relativa de todo o estado (agás Melilla).

ADEGA pula por ampliar a Rede Natura galega, mesmo a incorporar novas áreas á Rede Galega de Espazos Protexidos, dotándoos dos instrumentos de conservación axeitados (Plano Director e Planos de Conservación). Pero non imos permitir que nin un metro cadrado do que xa temos quede sin protección nin garantías efectivas de conservación.
Adega Lugo
Adega Lugo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES