Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amores de verán

miércoles, 05 de diciembre de 2007
Cando te lembres dos momentos compartidos trata só de recordar os días de ledicia, as horas de risos entre grolos de zume de laranxa mirando cada ao azul do mar. Deixa atrás as palabras amargas, onde non poidan mancarte... Talvez non houbese máis erro que o de ser vítimas dunha paixón non sincronizada...

Ou quizais o erro foi sinxelamente coñecerse. Cruzarse no camiño que cada un seguía pola vida, transitado á vez por dous seres alleos e separados que, de súpeto, senten coma se se coñeceran de tempo atrás, dende sempre… Pasarán os días, os meses, ata os anos, e cada un de nós lembrará o outro na distancia, evadíndose do resto do mundo, xa que o único que importa é… vivir e ser feliz.

Non penses que me amaches tanto como eu a ti ou quizais máis… porque fixéchelo en silencio, sen me decatar… Covarde. Esas serán as túas culpas. Insinuacións. Indirectas. Misteriosas olladas cheas de ardente paixón. Bicos de amigos na meixela, rozando con toda intención a comisura dos meus beizos cos teus… e logo a indeferenza… o esquecemento… de min para ti, de ti para min.

Así pode rematar un amor de verán, igual que se vai a estación dos días longos cos últimos, derradeiros, raios de sol, igual que se esvaece a sensación de benestar lograda cando conseguimos que un minuto feliz se volva unha eternidade… Cando consegues que nada importe máis que o que sentes por esa persoa… cando fas dun encontro o agasallo de aniversario soñado… sabes que si, de verdade, estás namorado.

Logo virá o outono, cada un seguirá o seu rumbo, lonxe xeograficamente do lugar de confesións e promesas futuras por cumplir. Amores de verán que teñen punto e final ao rematar as vacacións estivais, ou cando un sms se cruza contaminado por un mal espertar. Adeus, adeus, non vale a pena alongar unha amistade que se estaba a murchar. Adeus, adeus, sen bágoas nin malas palabras. Adeus, adeus.

Vexo a lúa ollándome fixamente, mentres o silencio o asolaga todo. Vexo as imaxes da xente na súa cara de prata, a que se reflicte na auga do río que serve de lugar de cita para os namorados. Vexo na noite clara a ollada da paixón saíndo dos teus ollos, dos teus beizos que susurran palabras doces coma o regaliz. Vexo as túas mans achegándose para rozar levemente o meu cabelo mentres me contas algo do teu pasado, do tempo anterior a nos coñecer. Véxote tan namorado… que dá medo crer totalmente o que dis dese xeito tan natural… Vexo que, sen querelo, estamos a entregar confesións. Os teus ollos, a túa voz, o teu corazón… de todo o teu parece que teño parte… por saberte de memoria dende que te vin a primeira vez.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES