Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O sacrificio, o traballo e o esforzo

jueves, 31 de enero de 2019
Por fin…¡Rematamos “a costa de xaneiro”!
Economicamente falando, para unha boa parte da cidadanía este mes faise demasiado largo.
Faise “costa arriba”.

Remata-lo mes de xaneiro esíxenos sacrificio, traballo e esforzo porque as festas ocasionan moitos gastos e o mes é largo.

Cando se trata tan só dun mes de “estreitura económica” ó ano, o problema é menor.
Despois de xaneiro, ven febrero que é máis levadeiro.
Pero…

Do que vai este artigo é dalgúns VALORES moi aconsellables para o bo funcionamento da vida das persoas, como son: o sacrifico, o traballo e o esforzo ó longo de todo o ano e de toda a vida.

-SACRIFICARSE non gusta sempre a tódalas persoas.
-TRABALLAR tampouco no é do agrado de todos.
-ESFORZARSE aínda menos.

Agora preguntémonos:
-Para conseguir algo que consideramos prioritario…
¿Non temos que renunciar a algo que consideramos de menos importancia?
Que llo pregunten ós pais e nais de familia ou a calquera profesional responsable de calquera rama.

Para chegar a ter un título, un traballo, un soldo, unha casa, un coche, unha familia…
¿Non hai que estudiar duro?
¿Non se precisa ter unha boa preparación que nos posibilite ter un traballo digno?
¿Sen un traballo digno poderemos comprar unha casa, comprar un coche e manter unha familia?
Os traballos dignos, os títulos, os oficios, os soldos que permitan vivir decentemente…
¿Non esixen esforzo?
Eu teño entendido que si.
Daquela…
¿Cal é a fórmula para saír adiante na vida?
O sacrifico, o traballo e o esforzo son algúns dos piares fundamentais, ó meu modestro entender.

¿Cómo practicamos eses valores os adultos?
Hai quen o fai moi ben, outros de mala gana e outros…

¿Cómo ensinamos estes valores á infancia e á xuventude?
A veces ben e moitas veces mal.
Moitas veces non os ensinamos.
¿Por que?
¿Non son bos?
Pensamos que son bos, moi bos; pero….dicimos:
-“Eu non quero que os meus fillos pasen tantas traballos como pasei eu” –dirán moitos pais e nais.
-“Eu non quero que o meu neno nin a miña nena se frustren. Teñen dereito a ser felices” – dirán outros
Claro que os nenos teñen dereito a ser felices; pero…
¿Labrarse un bo futuro non é unha boa maneira de ser felices?
¿Ou pretendemos que os nosos fillos vivan de rendas?
De rendas, poderán vivir algúns, pero os cidadáns de a pé, é dicir: a inmensa maioría … moito me temo que non.

A VIDA É DURA PARA TODOS, PERO MERECE A PENA VIVILA E VIVILA A TOPE PORQUE É MOI CORTA.
Tanto se optamos polo traballo manual como se preferimos o intelectual, estamos chamados a esforzarnos por cumprir o mellor que poidamos e saibamos coas nosas responsabilidades.
Aínda así non sempre saen ben as cousas; pero se non o intentáramos, sairían peor...
Cando as cousas non nos saen tan ben como queremos, debemos perdoarnos a nós mesmos, recoñecer os nosos propios fallos.

Posiblemente teñamos que pedir perdón por moitas cousas que precisamos correxir, pero:
“O PERDÓN É UNHA BOA FERRAMENTA”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas polo seu esforzo, polo seu sacrifico e polo seu traballo feito con amor.

Grazas a persoas como vostede o mundo vai mellorando un pouquiño.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES