Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Usemos a razón

jueves, 24 de enero de 2019
Que os seres humanos somos seres racionais, eso sabémolo todos.
Que usemos a capacidade de razoar de forma correcta, xa non está tan claro.
Certamente cada persoa pensa que usa correctamente esta facultade, pero a realidade dinos que non sempre é así.
E non porque queira facerse mal uso dela voluntariamente.
É porque a veces o corazón pásase abondo.

En moitas ocasións hai que deixar obrar ó corazón; pero noutras é a mente a que debe te-la palabra.

Por exemplo:
-Pais e nais de familia, pais e nais dunha familia boa, pais e nais que se ocupan ó máximo dos estudios dos seus fillos.
-Pais e nais que frecuentan os contactos co profesorado para seguir puntualmente a marcha dos seus fillos, ata o punto de preguntarlles que materia entra para os exames.
Fillos: que son bos e están ben dotados intelectualemente.
-Pais e nais que queren que os seus pupilos se comporten correctamente en todo momento lugar e circunstancia.
-Pais e nais que queren que os seus fillos saquen sempre calificacións excelentes.
-Pais e nais que están sempre “encima”.
“Encima” dos fillos.
“Encima” do profesorado.
“Encima” de todo canto se pode controlar.
-Pais e nais que teñenunha boa formación intelectual e que lles axudan ós fillos en todo e máis. Ata lles fan os deberes…

¿Pais e nais excelentes, verdade?
Pois:SI e NON.
-SI: porque é loxico que se preocupen dos seus vástagos para que saian homes e mulleres de ben, homes e mulleres ben preparados, homes e mulleres de proveito.

-NON:
-Porque traspasan os seus límites.
-Non deixan que os fillos se responsabilicen por si sós para cumprir coas súas obrigacións.
-Axúdanlles a facer a tarefas cando deben ser eles mesmos quen as fagan.
-Non admiten que teñan un suspenso ou unha nota baixa por medo a que se frustren.
-Non lles deixan que se entrenen para a frustración, cando ó longo da vida se van a encontrar con multitude de situacións desagradables.
Que un estudiante teña momentos baixos non significa que sexa un fracasado/a.

Os erros son necesarios para aprender deles.
¿Onde se viu unhapersoa que non teña contratempos na vida?

QUERENDO OU SEN QUERER, TODOS TROPEZAMOS MÁIS DO QUE DESEXAMOS.

Os tropezos serven para espabilar, porque neste mundo o que non anda espabilado; róubanlle ata o “alento”.

A infancia ten que aprender a defenderse por si soa naquelas responsabilidades adecuadas á súa idade.

Os excesos, todos son malos.
Malo, moi malo é que os pais se desentendan dos seus fillos.
Hai pais e nais que se desentenden dos estudios dos fillos. Eso demostra desinterés total.
Pero os pais e nais “ULTRA PROTECTORES” tamén se exceden.
Deixan obrar ó seu corazón e esquécense de utiliza-la razón.

Á infancia hai que marcarlle o camiño, pero quen o ten que recorrer é a propia infancia: responsabilizándose dos seus deberes, xogando, cometendo erros para aprender a superalos…

En fin…
Hai que deixar que a infancia disfrute desa etapa tan preciosa.
Deixar que os nenos sexan nenos.
Nin agobialos, nin sobreprotexelos.
CON MARCARLLES O CAMIÑO XA HAI SUFICIENTE.

De como vivan a infancia, dependerán as restantes etapas da vida.
Na infancia están os alicerces da persoa.
Os alicerces teñen que ter unhas raíces profundas, uns valores sobre os que desenrolará a súa vida como persoa adulta.

Algúns dos valores que están en decadencia nestes tempos son: o sacrificio, o traballo e o esforzo.

“O SACRIFICIO, O TRABALLO E O ESFORZO”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitasgrazas a eses pais e nais tan sabios que permiten que a infancia se vaia entrenando para construir un bo futuro para todos.

E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES